Lost in Translation é un filme dirixido por Sofia Coppola que se estreou no 2003. É o seu segundo filme dirixido despois de The Virgin Suicides (1999) e está protagonizado por Bill Murray e Scarlett Johansson.
Sinopse
Bob Harris, un actor norteamericano en decadencia, acepta unha oferta para facer un anuncio de whisky xaponés en Toquio. Está atravesando unha aguda crise e pasa gran parte do tempo libre no bar do hotel. Precisamente alí, coñece a Charlotte, unha rapaza casada cun fotógrafo que foi a Toquio a facer unha reportaxe; pero mentres el traballa, a súa muller abúrrese mortalmente. Ademais do abraiados que quedan coas imaxes e os sons da inmensa cidade, Bob e Charlotte comparten tamén o baleiro das súas vidas. Pouco a pouco fanse amigos e, a medida que exploran a cidade xuntos, comezan a preguntarse se a súa amizade podería transformarse en algo máis.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2003: Oscar: Mellor guión orixinal. 4 nomeamentos.
- 2003: Globos de Ouro: Mellor filme comedia ou musical, actor, guión. 5 nomeamentos.
- 2003: 3 premios BAFTA: Mellor montaxe, actor, actriz. 8 nomeamentos.
- 2003: Premio Cesar: Mellor filme estranxeiro.
- 2003: Nomeado ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro.
- 2003: Premio Especial National Board of Review: Sofia Coppola.
- 2003: Círculo de críticos de Nova York: Mellor actor (Bill Murray), director (Sofia Coppola).
- 2003: Asociación de Críticos d'Os Ánxeles: Mellor actor (Bill Murray).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas