Air

Air
Air en Manchester
OrixeVersalles, Francia
Período1995 -
Xénero(s)música electrónica
Selo(s) discográfico(s)Astralwerks
MembrosNicolas Godin
Jean-Benoît Dunckel
Na rede
web oficial
IMDB: nm2224447 Facebook: intairnet Twitter: airofficial Instagram: aircheology MySpace: intairnet Youtube: UCH_Q3OLUXLZNF0qmnY3bCXg BNE: XX5191798 Spotify: 1P6U1dCeHxPui5pIrGmndZ iTunes: 5641488 Last fm: Air Musicbrainz: cb67438a-7f50-4f2b-a6f1-2bb2729fd538 Discogs: 2770 Allmusic: mn0000607202 Deezer: 369 Genius: Air Editar o valor en Wikidata

Air é un dúo francés, de Versalles, que fai música electrónica, composto por Nicolas Godin e Jean-Benoît Dunckel. A súa música caracterízase por un ambiente lento, e un son orixinal e psicodélico. O nome de Air é o acrónimo de Amour, Imagination, Rêve (Amor, Imaxinación, Soño). Foron etiquetados dentro do movemento denominado French Touch.

O debut de Air produciuse co lanzamento do EP, Premiers Symptômes, que foi seguido polo álbum Moon Safari, aclamado pola crítica, seguido polo relanzameto de Premiers Symptômes e a publicación dos álbums The Virgin Suicides (banda sonora), 10 000 Hz Legend, Everybody Hertz, Talkie Walkie e Pocket Symphony.

O seu traballo máis recente, Pocket Symphony, foi lanzado en marzo de 2007.

Álbums en estudio

Título Ano de lanzamento
Moon Safari 1998
The Virgin Suicides 2000
10 000 Hz Legend 2001
Talkie Walkie 2004
Pocket Symphony 2007

Outros álbums

Título Ano de lanzamento
Premiers Symptômes 1999
Everybody Hertz 2002
City Reading (Tre Storie Western) 2003
Late Night Tales: Air 2006

B.S.O.

Air colaboraron en dúas ocasións con Sofia Coppola: The Virgin Suicides foi a banda sonora orixinal do filme homónimo (2000), e participaron na banda sonora de Lost in Translation (2003) co tema "Alone in Kyoto".

Véxase tamén

Ligazóns externas