Lonxevidade![]() A lonxevidade e a duración da vida son conceptos relacionados coa bioloxía e coa evolución das células e órganos de compoñen os corpos dos seres vivos, e transformacións co transcorrer da súa vida. No caso do ser humano a lonxevidade posúe importantes conexións con aspectos demográficos da sociedade, e aspectos sociolóxicos do individuo. En xeral ten que ver coa duración de vida dun ser humano ou dun organismo biolóxico e utilízase con máis frecuencia en referencia á terceira idade ou a idade dun ser vivo, por exemplo a lonxevidade dunha árbore. As reflexións sobre a lonxevidade adoitan ir ligadas ó recoñecemento da brevidade humana e inclúen discusións sobre métodos para estendela máis aló do límite tido como normal. O tema foi non só unha preocupación da ciencia, senón tamén da literatura de viaxes, ciencia ficción e novelas utópicas. Existe bastante dificultade en atopar a maior duración da vida humana mesmo coas modernas técnicas estandarizadas de verificación, debido a datas de nacemento inexactas ou incompletas. Múltiples lendas nas diferentes culturas e contextos relixiosos pretenderon extraordinarias lonxevidades, tanto no pasado, como a de Metuxalén na Biblia, como no futuro.[3] Esperanza de vidaA esperanza de vida é a media da cantidade de anos que vive unha certa poboación nun certo período. Adóitase dividir en masculina e feminina, e vese influenciada por factores como a calidade da medicina, a hixiene, as guerras, etc, aínda que actualmente adóitase referir unicamente ás persoas que teñen unha morte non violenta. A esperanza de vida como indicador social é empregado polos sociólogos para medir o grao de desenvolvemento dun país, pero os datos poden ser relativos en tal sentido porque poden ser alterados por guerras, epidemias, violencia e outros fenómenos diferentes ós indicadores económicos. En moitos casos persoas de países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento ou de culturas naturais poden ter unha gran lonxevidade que contradi o suposto de que a maior desenvolvemento, maior esperanza de vida. As persoas máis lonxevas do mundo![]() Persoas que exceden os cen anos non son só do interese científico, senón tamén do público en xeral interesado en alargar de maneira saudable os seus anos de vida. A seguinte é unha lista das persoas rexistradas na idade contemporánea que excederon máis de cen anos de vida. O Grupo Xerontolóxico de Investigación, fundado entre 1990 e 1992 nos Ánxeles, busca persoas que superen os 110 anos de idade e incluíu o nome das seguintes persoas:
Notas
Véxase taménBibliografía
|