Lois Galo Vicente Carré Alvarellos, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1898 e finado o 26 de abril de 1965, foi un etnógrafo e escritor galego.
Traxectoria
Fillo de Uxío Carré Aldao, fixo o servizo militar en Madrid, onde se matriculou en Maxisterio pero abandonou a carreira e comezou a traballar como administrativo na Sociedad General Gallega de Electricidad, que en 1943 pasou a formar parte de Fenosa.
Carré fixo algunhas achegas relacionadas coas investigacións etnográficas, breves incursións na novela curta (publicadas co pseudónimo de Luís G. Vicencio), estudos ao abeiro da literatura popular e o ensaio Manuel Curros Enríquez: A súa vida e súa obra, editado en 1953 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega[1] e pertenceu como especialista no conto popular á asociación alemá Märchen der europäischen Völker.
Obra
- O consentimento, 1926 (novela), Lar.[3]
- Alevamento, 1928 (novela), Lar.[4]
- Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico, 1953.[5]
- Romanceiro popular galego de tradizon oral (1959; Porto: Junta de Província do Douro Litoral)
- Contos populares da Galiza (1968; Porto: Museu de Etnografia e História)
- Murguía, o Patriarca. A biografía inédita de 1953 (2023; Alvarellos Editora).[6]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas