Lira maltesa † |
Lira maltija en maltés |
Código: | MTL |
Ámbito: | Malta |
Símbolo: | ₤, Lm |
Fracción: | 100 céntimos |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 25, 50 céntimos, 1 lira |
Billetes: | 2, 5, 10, 20 liras |
Emisor: | Banco Central de Malta |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 0,4293 MTL |
Oficial ata o 01/01/2008 |
A lira ou libra (en maltés: lira maltija, plural: liri) foi a moeda oficial de Malta desde 1972 ata o 31 de decembro de 2007. O seu código ISO 4217 é MTL, e normalmente se abrevia como Lm, aínda que o signo tradicional foi ₤.
Historia
Antes de 1972, a moeda circulante era a libra esterlina en forma de moedas e billetes xunto a billetes malteses. Malia utilizar diñeiro británico, Malta non decimalizou o seu sistema monetario en 1971 como o Reino Unido. Pola contra, en 1972 introduciu o sistema decimal baseado na lira (equivalente á libra esterlina), dividida en 1.000 mils ó 100 céntimos. A denominación lira utilizouse nos primeiros billetes en 1973 xunto coa denominación "libra", e de xeito exclusivo en billetes e moedas desde 1986. Os mils retiráronse da circulación en 1994.
Ao entrar na Unión Europea, Malta acordou adoptar o euro. O 1 de xaneiro de 2008 a lira foi substituída polo euro, como parte da unión económica e monetaria da UE.
O paso cara ao euro
O euro substituíu a lira maltesa como moeda oficial de Malta cunha taxa fixa e irrevogable de 0,429300 MLT por euro. Con todo, os billetes e moedas denominados en liras seguiron circulando e eran aceptados ata o 31 de xaneiro de 2008. Ata o 30 de marzo podían cambiarse sen custo algún en calquera entidade bancaria. Con todo pasado ese período, as moedas só poderán cambiarse no Banco Central de Malta ata o 1 de febreiro de 2010 e os billetes ata o 31 de xaneiro de 2018.
Taxa de cambio
Ata finais da década de 1970, a lira maltesa mantivo a súa paridade coa libra esterlina, momento en que a lira se converteu nunha moeda flutuante, ancorada a unha cesta de moedas de reserva. Como consecuencia, a lira mantívose estable cun valor de 1,60 GBP. Tralo dinar kuwaití, a lira maltesa foi a segunda moeda con máis valor do mundo, chegando a valer 3,1596 USD o 28 de abril de 2007. Cando o valor do dólar baixou fronte a outras divisas a mediados de 2006, a lira valía 3,35289 en decembro de 2007.
A divisa entrou no ERM II o 2 de maio de 2005, e debería manterse estable cunha banda do 15% sobre a principal taxa de cambio de 0,429300 MLT por euro. O Banco Central de Malta e o goberno decidiron de xeito unilateral manter a taxa actual igual á taxa de paridade central para todo o período do ERM II.
O Consello de Ministros de economía da Unión Europea estableceu unha taxa de conversión irrevogable e fixouna o 10 de xullo de 2007 en 0,4293 liras por euro.
Moedas
En 1972 o novo sistema decimal trouxo consigo novas moedas en denominacións de 2, 3, 5 mils, 10 e 50 céntimos. A división da lira en 100 céntimos (bastante máis que os 240 peniques do antigo sistema) significou que o céntimo era unha unidade significativamente maior, por iso o Reino Unido introduciu unha moeda de ½ penique, e Malta o mil. En 1975 introduciuse unha nova moeda de 25 céntimos.
No 1986 emitiuse un novo cono monetario en denominacións de 1, 2, 5, 10, 25, 50 céntimos e 1 lira. En 1991 cuñáronse novos tipos nos que cambiou o escudo de armas maltés. En 1994 os mils retiráronse da circulación.
As últimas moedas cuñadas antes da adopción do euro foron as seguintes:
Denominación
|
Metal
|
Diámetro (mm.)
|
Peso (gr.)
|
Canto
|
Anverso
|
Reverso
|
1 Céntimo
|
Cu+Ni+Zn
|
18,51
|
2,81
|
Liso
|
Escudo de Malta - MALTA - ano de cuñaxe
|
Comadreja - 1 c
|
2 Céntimos
|
Cu+Ni
|
17,78
|
2,26
|
Estriado
|
Escudo de Malta - MALTA - ano de cuñaxe
|
Rama de olivo - 2 c
|
5 Céntimos
|
Cu+Ni
|
19,78
|
3,51
|
Estriado
|
Escudo de Malta - MALTA - ano de cuñaxe
|
Potamon fluviatile lanfrancoi - 5 c
|
10 Céntimos
|
Cu+Ni
|
21,78
|
5,01
|
Estriado
|
Escudo de Malta - MALTA - ano de cuñaxe
|
Pez delfín - 10 c
|
25 Céntimos
|
Cu+Ni
|
24,95
|
6,19
|
Estriado
|
Escudo de Malta - MALTA - ano de cuñaxe
|
Torvisco - 25 c
|
50 Céntimos
|
Cu+Ni
|
27,00
|
8,00
|
Liso BANK CENTRALI TA' MALTA
|
Escudo de Malta - MALTA - ano de cuñaxe
|
Tulliera - 50 c
|
1 Lira
|
Cu+Ni
|
29,82
|
13,00
|
Liso BANK CENTRALI TA' MALTA
|
Escudo de Malta - MALTA - ano de cuñaxe
|
Roquero solitario - Lm 1
|
Billetes
En 1973 introducíronse os primeiros billetes denominados en liras no anverso e libras no reverso, de 1, 5 e 10 liras. En 1986, os billetes de 1 lira foron sustitudos por moedas e introducíronse novas denominaciones de 2 e 20 liras. Desde entón, emitíronse catro series de billetes.
Os billetes da última serie en circulación antes da adopción do euro móstranse a continuación:
Denominación
|
Cor predominante
|
Dimensións
|
Anverso
|
Reverso
|
2 Liras
|
Rojo
|
138 x 66,50 mm
|
Lm 2 - ŻEWĠ LIRI - Personificación de Malta - Escudo de armas - Bank Ċentrali ta' Malta
|
Lm 2 - ŻEWĠ LIRI - Banco Guratali en Medina e Rabat, Gozo - Escudo de armas - BANK ĊENTRALI TA' MALTA
|
5 Liras
|
Azul
|
145 x 69 mm
|
Lm 5 - ĦAMES LIRI - Personificación de Malta - Escudo de armas - Bank Ċentrali ta' Malta
|
Lm 5 - ĦAMES LIRI - Porta traseira de Medina - Torre do Estandarte - Escudo de armas - BANK ĊENTRALI TA' MALTA
|
10 Liras
|
Verde
|
145 x 72,50 mm
|
Lm 10 - GĦAXAR LIRI - Personificación de Malta - Escudo de armas - Bank Ċentrali ta' Malta
|
Lm 10 - GĦAXAR LIRI - Monumento ao 7 de xuño de 1919, La Valeta - Escudo de armas - BANK ĊENTRALI TA' MALTA
|
20 Liras
|
Marrón
|
145 x 76 mm
|
Lm 20 - GĦOXRIN LIRA - Personificación de Malta - Escudo de armas - Bank Ċentrali ta' Malta
|
Lm 20 - GĦOXRIN LIRA - Giorgio Borg Olivier - Escudo de armas - BANK ĊENTRALI TA' MALTA
|
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas