Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
A lipoamida é unha amida drivada do ácido lipoico. É unha amida monocarboxílica e un ditiolano. Orixínase pola condensación formal do grupo carboxilo do ácido lipoico con amoníaco.[1] É un metabolito que se encontra en bacterias, lévedos e animais, entre eles os humanos.[1] O grupo carboxilo únese a unha lisina dunha proteína por medio dun enlace amida.[2][3] A lipoamida é un coencima que transfire acetilos e hidróxenos no proceso de desacilación oxidación do piruvato, usado en farmacoloxia.[4] É un cofactor esencial para encimas do ciclo do ácido cítrico, do catabolismo da glicina e de aminoácidos de cadea ramificada.[2] É ilustrativa do papel bioquímico da lipoamida a conversión do piruvato en acetil lipoamida.[5]