| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
As linguas faladas en México son moitas, como as ducias de linguas indíxenas e linguas doutras partes do mundo. México é a nación castelanfalante máis poboada do mundo, con 103,2 millóns de habitantes [1], dos cales a maioría fala a lingua española. Constitucionalmente, non existe unha declaración oficial que faga desa lingua de filiación latina a lingua oficial do país, que de facto ocupa este papel.
Desde 1992, a Constitución Mexicana define o país como nación "pluricultural", en recoñecemento dos pobos indíxenas. Oficialmente o goberno recoñece 65 linguas indíxenas, que de acordo coa Lei dos Dereitos Lingüísticos de 2001, son "linguas nacionais" en igualdade de condicións con respecto á castelán; isto é, coa "mesma validez no seus territorios" [2]. Así, polo exemplo, a partir do ano 2005, o goberno oficializou a tradución do himno nacional ás linguas indíxenas.
A clasificación das linguas indíxenas faladas en México tende a agrupar dialectos da mesma familia, aínda mesmo no caso destas seren inintelixíbeis entre si: por exemplo, o goberno recoñoce a lingua azteca e o náhuatl como unha soa lingua, a pesar de que as variacións dialectais que falan os aztecas da Serra de Puebla, e os aztecas de Morelos son significativas. Por todo isto, algúns lingüistas tenden a elevar esta cifra a máis de 100, clasificando estes dialectos como linguas separadas.
As linguas indíxenas son faladas por pouco máis de 12,7 millóns de persoas maiores de 5 anos, o que equivale ao 13,1% da poboación nacional nese rango (1995)[3]. A maior parte concéntrase na rexión sur do país, mais tamén existen comunidades importantes no centro e nalgúns sectores do Pacífico e do golfo de México.
Linguas indíxenas de México
|
|
|
|
Linguas con máis de 100 mil falantes
|
Linguas entre 20 mil e 100 mil falantes
|
Linguas con menos de 20 mil falantes
|
Notas
Véxase tamén
Bibliografía