O huichostle ou huichol é unha lingua da familia uto-azteca falada en México polo pobo huichol, que se chama a si mesmo Wixarika e que habita nos estados mexicanos de Nayarit como grupo maioritario, Xalisco, Durango e Zacatecas. A lingua está recoñecida pola "Lei de Dereitos Lingüísticos" como unha "lingua nacional" de México, xunto con outras 62 linguas indíxenas e o castelán.[4] O nome huichol provén da adaptación ó náhuatl do autónimo wixarika, debido a que en lingua huichol o "a" pode chegar a escoitarse como "o"; r e l son alófonos e a pronuncia de x que era sibilante foi interpretada como africada tz entre os séculos XVII e XVIII (época en que puido ocorrer o préstamo da palabra), máis a perda da sílaba -ka, deu como resultado huitzol en náhuatl e a súa castelanización huichol.[5]
Clasificación
O huichol é unha lingua uto-azteca, do grupo sonorense ou mexicano, do mesmo xeito que o pima, o mayo ou o náhuatl. A lingua máis achegada ó huichol é o cora ou nayeri, xunto co cal forma a póla lingüística corachol. A rexión huichol aséntase no espiñazo da Serra Madre Occidental, no estado de Xalisco. Os huicholes habitan nos concellos de Huejuquilla el Alto, Mezquitic e Bolaños, ó norte do estado de Xalisco, así como en La Yesca e El Nayar, no estado de Nayarit, e hai grupos minoritarios nos estados de Zacatecas e Durango.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos