O qʼeqchiʼ (tamén escrito kekchi, k'ekchi' ou kekchí) é unha lingua maia falada polo pobo qʼeqchiʼ de Guatemala e Belize.
Distribución
A área onde viven os falantes de qʼeqchiʼ esténdese dende o norte de Guatemala até o sur de Belize. Tamén hai algunhas comunidades falantes de qʼeqchiʼ en México.
Calcúlase que a área onde se fala o qʼeqchiʼ no norte de Guatemala abrangue uns 24 662 km².[3] Os departmentos e concellos específicos onde se fala o qʼeqchiʼ en Guatemala son:[3]
Departamento
|
Concello
|
Alta Verapaz
|
Chahal, Chisec, Cobán, Fray Bartolomé de las Casas, Lanquín, Panzós, Chamelco, Carchá, Cahabón, Senahú, Tucurú
|
Baja Verapaz
|
Purulhá
|
Petén
|
La Libertad, Poptún, San Luis, Sayaxché
|
Quiché
|
Ixcán, Playa Grande, Uspantán
|
Izabal
|
El Estor, Livingston, Morales
|
No país de Belize, o qʼeqchiʼ fálase no distrito de Toledo.[3] O qʼeqchiʼ é a primeira lingua de varias comunidades do distrito, e a maioría dos maias en Toledo fálano.
Terrence Kaufman describe o qʼeqchiʼ en dous grupos dialectais principais: o oriental e o occidental. O oriental inclúe as variedades faladas en Lanquín, Chahal, Chahabón e Senahú, mentres que o occidental é falado no resto de lugares.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Caz Cho, Sergio (2007). Xtz'ilb'al rix li aatinak sa' Q'eqchi' = Informe de variación dialectal en Q'eqchi' (en español). Antigua, Guatemala; Guatemala, Guatemala: Oxlajuuj Keej Maya' Ajtz'iib' (OKMA); Cholsamaj. ISBN 9789992253526. OCLC 202514532.
- Eachus, Francis; Carlson, Ruth (1980). Aprendamos kekchí: Gramática pedagógica popular de kekchí. Guatemala: Instituto Lingüístico del Verano (Summer Institute of Linguistics). Consultado o 18 de maio de 2016.
|
---|
Lingua oficial | |
---|
Linguas indíxenas | |
---|
Linguas de sinais | |
---|