O ixil é unha das linguas maias faladas en Guatemala. Segundo os estudos lingüísticos históricos, o ixil xurdiu como unha lingua separada nalgún momento arredor do ano 500.[3] É a lingua nai do pobo ixil, que comprende a poboación das vilas de San Juan Cotzal, Santa María Nebaj e San Gaspar Chajul, nas terras altas de Guatemala. Por mor da emigración, tamén existe unha comunidade falante de ixil en Cidade de Guatemala e nos Estados Unidos. Malia que existen algunhas diferenzas no vocabulario entre as falas das tres vilas, son todas mutuamente intelixibles e deben ser consideradas dialectos dunha única lingua.
Notas
- ↑ Noj, Mario Ruben. 2001. Manual de Interpretación del Mapa Linguistico de Guatemala, Editorial Nojib'sa.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Colby, Benjamin N., Pierre L. van den Berghe. 1977. Ixiles y Ladinos: El Pluralism Social en el Altiplano de Guatemala. Guatemala: Editorial "Jose de Pineda Ibarra". p. 57.
Véxase tamén
Bibliografía
- Asicona Ramírez, Lucas, Domingo Méndez Rivera, Rodrigo Domingo Xinic Bop. 1998. Diccionario Ixil de San Gaspar Chajul. La Antigua Guatemala: Proyecto Lingüístico Francisco Marroquín.
- Cedillo Chel, Antonio, Juan Ramírez. 1999. Diccionario del idioma ixil de Santa María Nebaj. La Antigua Guatemala: Proyecto Lingüístico Francisco Marroquín.
- Maximiliano Poma S., Tabita J.T. de la Cruz, Manuel Caba Caba et al. 1996. Gramática del Idioma Ixil. La Antigua Guatemala: Proyecto Lingüístico Francisco Marroquín.
|
---|
Lingua oficial | |
---|
Linguas indíxenas | |
---|
Linguas de sinais | |
---|