Lingua hixkaryana

Hixkaryana
Pronuncia:/ˌhɪʃkæriˈɑːnə/
Outros nomes:Hixkaryána
Falado en: Brasil
Rexións: río Nhamundá
Total de falantes: 600 (2000)
Familia: Linguas caribes
 Linguas parukotoanas
  Waiwai
   Hixkaryana
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: hix
Mapa
Status

O hixkaryana está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua hixkaryana /ˌhɪʃkæriˈɑːnə/[2] é unha lingua da familia caribe, falada por arredor de 500 persoas no río Nhamundá, un afluente do río Amazonas, no Brasil. É unha das preto dunha ducia de linguas que foron descritas coa orde de palabras obxecto-verbo-suxeito (inicialmente polo lingüista Desmond C. Derbyshire).[3]

Fonoloxía

O hixkaryana ten os seguintes fonemas consonánticos:

Labial Alveolar Postalveolar
ou palatal
Velar Glotal
Nasal m n ɲ ⟨ny⟩
Oclusiva xorda p t tʃ ⟨tx⟩ k
sonora b d ɟ ⟨dy⟩
Fricativa ɸ ⟨f⟩ s ʃ ⟨x⟩ h
Vibrante ɾ ɽˡ ⟨ry⟩
Aproximante j ⟨y⟩ w

O hixkaryana ten os seguintes fonemas vocálicos:

Anterior Posterior
Pechada ɯ ⟨ɨ⟩, u ⟨u⟩
Semipechada e ⟨e⟩
Semiaberta ɔ ⟨o⟩
Aberta æ ⟨a⟩

Gramática

En lingua hixkaryana, os argumentos están indexados no verbo mediante prefixos de persoa. Estes prefixos forman un patrón inverso no que o argumento máis alto da xerarquía 2o > 1o > 3o está indexado no verbo. Se o obxecto dun verbo transitivo supera ao suxeito segundo esta xerarquía, utilízase o prefixo O axeitado; se non, úsase un prefixo A.

Prefixos A Prefixos O
1A 0-/ɨ- 1O r(o)
2A m(ɨ)- 2O o(j)-/a(j)-
1+2A t(ɨ)- 1+2O k(ɨ)-
3A n(ɨ)-/j-

Notas

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student’s Handbook, Edimburgo
  3. Kalin, Laura. Universidade de Arizona, ed. "Hixkaryana: The Syntax of OVS Word Order". 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas