O akurio é unha lingua caribe que se fala en Suriname.
Distribución xeográfica
Fálase na xungla do sueste de Suriname, o primeiro contacto entre este grupo e os brancos realizouse en 1937[2] cando unha expedición holandesa exploraba a fronteira entre Suriname e o Brasil e entrou no seu territorio tradicional na zona do río Tapain, afluente do Paloemeu[3]. Actualmente os akurio viven nas aldeas trió de Tëpu, Kwamalasamutu e Palumeu ás beiras dos ríos Tapanahoni e Sipaliwini.[4]
Falantes
10 (grupo étnico de 50)(2001)[5]
Usos sociais
Os akurios viven en aldeas trió e só os maiores falan a lingua, os nenos falan trió.[6] A maior concentración está na aldea de Tëpu, con 33 sobre unha poboación de 240.
Historia
Os akurios eran un pobo nómade ata que en 1968 misioneiros cristiáns contactaron con eles e os levaron a asentamentos habitados polo pobo trió, agás un grupo de 10 akurios que decidiron permanecer nómades. Os akurios deixaron de lle falaren a lingua aos nenos no decurso dos anos 70, ao tempo que se reducía a poboación ao 25%. Actualmente non hai información sobre o grupo que se mantivo nómade.
Notas
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Alexander Laban Hinton Genocide: An Anthropological Reader. Blackwell Publishing, 2002, páxina 153
- ↑ Protásio Frikel, Os Tiriyó, Boletim do Museu Paraense Emílio Goeldi, Serie Antropologia 9
- ↑ Christopher Moseley Encyclopedia of the World's Endangered Languages. Routledge, 2007, páxina 105
- ↑ Ethnologue
- ↑ Carlin, Eithne B. e Jacques Arends, Atlas of the Languages of Suriname. KITLV Press, 2002, páxina 43.
Véxase tamén
Ligazóns externas