A lingua hausa[2] é un membro das linguas afroasiáticas. É falada por unhas 24 millóns de persoas, os hausas, como lingua nativa, e por outras 15 millóns de persoas como segunda lingua.
Clasificación
O hausa pertence ás linguas chadianas occidentais, un subgrupo das linguas chadianas, e por iso é un membro das linguas afroasiáticas. É un idioma tonal.
Distribución xeográfica
Os falantes nativos encóntranse no Níxer e no norte de Nixeria, pero úsase como lingua franca nunha área maior na África occidental, especialmente entre os musulmáns, considerándose unha lingua importante do continente.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas