A Liga de Campións da UEFA2005-06 foi a edición número 51 na historia da competición. Disputouse entre xuño de 2005 e maio de 2006, coa participación inicial de 74 equipos, representantes de 49 federacións nacionais diferentes. O gañador desta edición foi o FC Barcelona.
Os dezaseis equipos clasificados disputaron unha serie de eliminatorias con partidos de ida e volta, ata decidir os dous equipos clasificados para a final de París. Na táboa amósanse todos os cruces da segunda fase. O primeiro equipo de cada eliminatoria xogou como local o partido de ida, e o segundo xogou no seu campo a volta. Nos resultados indícase o marcador na ida, seguido do da volta.
A eliminatoria de oitavos de final enfrontou a cada campión de grupo co segundo clasificado dun grupo distinto ao seu, coa vantaxe de xogar o partido de volta como local, e coa restrición de non poder cruzarse dous conxuntos do mesmo país. O resto de eliminatorias sorteáronse sen restricións.
O encontro foi dirixido polo árbitro noruegués Terje Hauge.
No minuto 18 do encontro, o porteiro alemán do Arsenal FC foi expulsado con tarxeta vermella, e o equipo inglés tivo que xogar o resto do encontro cun home menos.
O Arsenal FC foi o primeiro en marcar un gol, no minuto 37 da primeira metade, por medio do defensor inglés Sol Campbell, nun remate de cabeza tras un lanzamento de falta.
No minuto 81, só cinco despois da igualada, o defensa lateral brasileiro Juliano Belletti marcou o 2-1 a prol do FC Barcelona rematando unha xogada pola banda dereita. O balón entrou entre as pernas de Almunia.
Con ese resultado de 2 a 1 rematou o encontro, e o FC Barcelona levantou a súa 2ª Copa de Europa.
Ronaldinho foi premiado co trofeo Man of the Match.
Notas
↑O partido de volta da eliminatoria entre Inter de Milán e Ajax de Amsterdam disputouse o 14 de marzo para evitar o incumprimento da normativa da UEFA que non permite a disputa de dous partidos nun mesmo estadio na mesma xornada europea, xa que o Inter comparte estadio co AC Milan, quen tamén xogaba a volta da súa eliminatoria como local.