A temporada 1970–71 da Primeira Divisón, celebrada entre o 11 de outubro de 1970 e o 7 de marzo de 1971, foi a décimo quinta campaña da Liga Española de Baloncesto. Participaron na competición doce equipos, que xogaron entre si unha liga de todos contra todos con ida e volta. Os dous últimos clasificados, Ignis Mataró e Águilas Schweppes descenderon directamente, mentres que os postos 9 e 10 disputaron un playoff de permanencia contra o terceiro e cuarto da Segunda División. O campión foi por décimo terceira vez o Real Madrid, mentres que o máximo anotador foi Alfredo Pérez do Breogán Fontecelta.[1]
Equipos
Os seguintes son os equipos que competiron na temporada 1970−71 da Primeira Divisón.
Clasificación
Os equipos que ocuparon os postos noveno e décimo, Breogán Fontecelta e San José Irpen, tiveron que xogar unha eliminatoria pola permanencia ante o terceiro e o cuarto da Segunda División. A eliminatoria xogouse a partidos de ida e volta, tendo en conta para elixir o vencedor o marcador acumulado final. Nesta edición, os dous equipos da primeira división conseguiron permanecer na categoría.
Líderes estatísticos
Puntos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas