Liñares, A Baña, A Baña

Liñares
ParroquiaA Baña
ConcelloA Baña
Coordenadas42°58′19″N 8°46′20″O / 42.9719, -8.7721
Poboación20 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

Liñares é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase na ladeira dun monte de forte pendente. Linda ao sur con San Salvador. Existe un castro pero está nun estado de moi mala conservación, afectado por novas construcións e traballos agrícolas.

Demografía

Tiña 20 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 11 eran homes e 9 eran mulleres. No 2009 eran 31 habitantes: 15 homes e 16 mulleres.

Paisaxe[1]

A tipoloxía é a dun núcleo concentrado tradicional. A maioría das edificacións son casas rurais tradicionais de pedra de pequenas dimensións, bastante deterioradas e con numerosos anexos. Nos últimos tempos construíronse varias casas de tipo chalé

Hai 7 hórreos catalogados nesta lugar.

Lugar de grande altitude no que existen pequenas hortas, froiteiras, milleiras, pastos e xa máis afastado das vivendas, toxeiras, piñeiros, eucaliptos, carballos e castaños.

Servizos urbanísticos[1]

Servizo Tipo
Abastecemento auga Traída
Saneamento Pozo negro
Electricidade Si
Iluminación público Si
Telefonía Si
Recollida lixo Si
Transporte Escolar

Lugares e parroquias

Lugares da Baña

Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña)

A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso

Parroquias da Baña

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

  1. 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).