O nome desta comarca provén do río Barcala, que traza aproximadamente o límite entre os dous concellos que a conforman. No seu curso baixo ten como afluente o río Albariña, zona na que o val de Barcala se abre a unha depresión máis ampla, na que se levanta a vila de Negreira, moi preto da súa desembocadura no Tambre.