Hilario Leopoldo López Rego, nado en Foz o 26 de febreiro de 1935 e finado en Miñortos (Porto do Son) o 20 de febreiro de 2010,[1] foi un avogado e relixioso galego, militante de esquerdas e nacionalista galego.
Traxectoria
En 1966 recalou como frade nun colexio da cidade da Coruña. En 1975, no tardofranquismo, foi detido por acumular propaganda política nun convento melidense. Nas eleccións de 1979 foi candidato ao Senado de España polo Bloque Nacional Popular Galego. Na década de 1980 deixou os hábitos e aprobou unha oposición a secretario de concellos.
Foi afiliado do Sindicato Labrego Galego.
Notas