Leila Aboulela (en árabe: ليلى ابوالعلا), nada no Cairo (Exipto) en 1964, é unha escritora sudanesa en lingua inglesa.
Traxectoria
Filla de nai exipcia e pai sudanés, aos seis meses a familia foi vivir a Khartún onde residiu até 1987[1], e estudou na Khartoum American School e economía na Universidade de Khartún. Fixo un mestrado en estatística na Escola de Economía e Ciencia Política de Londres. En 1990 foi vivir a Aberdeen co seu home e os seus fillos, e actualmente vive en Doha.
As súass novelas foron nomeadas varias veces ao Orange Prize.[2] A súa fe musulmá aparece decote na súa obra[3]
Obra
- The Translator (1999)
- Coloured Lights (2001)
- Minaret (2005)
- Lyrics Alley (2010)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas