Os Leicester Tigers son o club máis laureado do rugby inglés, e un dos máis laureados do rugby europeo e mundial. É un dos catro equipos da Premiership que nunca perdeu a categoría, sendo o 6º posto o seu peor resultado. É ademais o único equipo inglés que participou en tódalas edicións da Heineken Cup nas que competiron clubs ingleses. Así mesmo, os seus seareiros son coñecidos como uns dos máis entendidos e numerosos no continente. Os grandes rivais do club en Inglaterra son Bath Rugby, London Wasps e Northampton Saints.
Historia
O club foi fundado en 1880, pero tardou moito tempo en xuntar grandes éxitos xa que en Inglaterra non houbo campionatos oficiais a nivel de clubs ata a creación da copa inglesa, competición que hoxe se chama Anglo-Welsh Cup, e que comezou a disputarse en 1971. A primeira presenza de Leicester Tigers na final foi no ano 1978, caendo derrotado fronte a Gloucester Rugby. Resarciuse daquela derrota conquistando o torneo os 3 anos seguintes.
Na tempada 1987/88 comezou a disputarse a Liga Inglesa, tomando parte nela o Leicester Tigers, que ese mesmo ano se proclamou primeiro campión de liga.
Dende os comezos do século XX era tradicional que cada 26 de decembro se enfrontasen o Leicester Football Club e o Barbarian Football Club en partido amigable, pero nos anos 90 esa tradición quedou esquecida xa que se converteu en normal que se xoguen partidos da Premiership inglesa durante as datas do Nadal.
Co remate da etapa dos equipos afeccionados do rugby a mediados da década dos 90, en Europa se creou a primeira competición continental, a Heineken Cup. Os Leicester Tigers chegaron á final na súa segunda participación, na tempada 1996/97, caendo derrotados fronte ó conxunto francés de Brive por 28 a 9. A vinganza chegou na tempada 2000/01 na que Leicester Tigers se proclamou campión de Europa vencendo na final ó Stade Français por 34 a 30. Na tempada seguinte, a 2001/02, o equipo repetiu éxito na máxima competición continental derrotando na final a Munster Rugby por 15 a 9. Dende ese ano Leicester Tigers intentou reconquistar o título sen faltar a ningunha edición do campionato, chegando en outras 2 ocasións á final nas tempadas 2006/07 e 2008/09, caendo derrotado nas dúas fronte a London Wasps por 25 a 9 e Leinster Rugby por 19 a 16 respectivamente.
Estadio
O mítico estadio dos Leicester Tigers é Welford Road, construído en 1892, e que foi recentemente renovado para ampliar a súa capacidade ata os 24.000 seareiros.
Palmarés
Competicións nacionais
Leicester Tigers é o equipo máis laureado na Premiership inglesa, con 9 títulos dende 1988, ano de creación da liga. Até o 2012, o equipo levaba disputadas 8 finais consecutivas, o que dá boa idea do potencial competitivo que ten o club nos últimos anos dentro da súa liga.
O primeiro adestrador dos Tiguers logo da profesionalización do rugby inglés en 1996 foi o australiano Bob Dwyer, que substituíu o inglés Chalkie White, quen dirixira ao equipo de Leicestershire entre 1968 e 1983. A continuación todos os adestradores do equipo dende o inicio da era profesional:[1][2]
↑Souster, Mark (18 de febreiro de 1998). "Leicester dismiss Dwyer and hand reins to Richards". The Times (Londres, Inglaterra). Newsbank. Rugby union's revolving door saw Bob Dwyer exit from Leicester yesterday with immediate effect to be passed on the way in by Dean Richards, who will assume responsibility for coaching and first-team affairs.