O London Welsh RFC (en galés: Clwb Rygbi Cymry Llundain) é un club profesional de rugby, con sede na cidade de Oxford, creado en 1885 pola comunidade galesa de Londres, e que ascendeu por vez primeira na súa historia á Aviva Premiership na tempada 2011/12. Actualmente xoga no RFU Championship logo de descender da Aviva Premiership 2014-2015. Xoga no Old Deer Park, estadio cunha capacidade de 5.850 persoas.
Malia ser un club de xogadores non profesionais ó longo de máis dun século, e non ter un historial cheo de éxitos e títulos, o club ten achegado unha cifra de 177 xogadores á selección galesa de rugby, e 43 ós B&I Lions, entre os que se contan algúns dos mellores xogadores de rugby da historia, como JPR Williams ou Gerald Davies.
Tempada 2014/15
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Clubs | |
---|
Antigos clubs | |
---|
Temporadas | |
---|