- Para a actual máxima competición entre clubs europea de rugby véxase: European Rugby Champions Cup.
A Heineken Cup foi a máxima competición europea de clubs de rugby entre 1995 e 2014. A particularidade e a orixinalidade da Heineken Cup foi facer competir entre eles a clubs, rexións e franquías das seis nacións: Francia, Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales e Italia. (Tamén outros clubs romaneses participaron na Heineken Cup e os mellores clubs españois e portugueses na European Challenge Cup que viría sendo máis ou menos o equivalente da Copa da UEFA en fútbol). Na temporada 2014-2015, a Heineken Cup foi substituída pola European Rugby Champions Cup.
Historia
Fundación
Nos anos '60, franceses, romaneses e alemáns xa trataran de crear unha Copa de Europa de rugby con clubs representando a cada un deses países. Mais os clubs británicos non participaban na competición.
Nos anos '80 o club francés do Stade Toulousain organizara un Master e un Torneo do centenario, onde os mellores clubs e provincias de varios países do mundo participaban. Esas competicións foron gañadas por ese mesmo club.
Logo do terceiro mundial de rugby en 1995, a International Rugby Board tomou a decisión de autorizar a práctica profesional do rugby. Pouco tempo despois, os clubs e provincias de Francia, Gales, Irlanda, Italia e Romanía participaron na primeira Copa de Europa de rugby, e o fabricante de cervexa holandés Heineken xa era o principal patrocinador da competición.
Abandono da ERC e creación da nova Copa (2012-14)
No ano 2012, clubs franceses e ingleses manifestaron protestas contra o formato e a estrutura da Heineken Cup (organizada pola European Rugby Cup (ERC)) basándose na distribución de fondos económicos e no sistema de clasificación. Algúns fixeron protestas de que nun futuro, en lugar de que os países do Pro12 mandaran o mellor equipo de cada nación, tiveran que ir os mellores posicionados do Pro 12, sendo indiferente a súa nacionalidade.
En xuño de 2012, a Aviva Premiership e o Top 14, en representación dos clubs ingleses e franceses, notificáronlle á ERC que nun prazo de dous anos os equipos deixarían de xogar na Heineken Cup e no European Challenge Cup.
En setembro de 2012, os equipos da liga inglesa anunciaron un contrato de catro anos de televisión por 125.000.000 £ con BT Sport, o cal incluía os dereitos tanto para as competicións nacionais como para as competicións europeas. A ERC respondeu este anuncio reclamando á liga de Inglaterra que non tiña os dereitos das competicións europeas e anunciando un contrato da mesma duración para estes torneos pero con Sky Sports. En consecuencia, 12 meses máis tarde destes anuncios, os equipos ingleses e franceses proclamaron a súa intención de organizar o seu propio torneo continental, convidando ao resto de clubs europeos a unirse a el. Esta competición chamaríase Copa de Campións (en inglés: Champions Cup).
Un mes máis tarde, en outubro de 2013, a Federación de Rugby de Gales, representando os catro equipos da nación, confirmou o seu total apoio á nova Copa de Campións de rugby proposta polos ingleses e franceses.
Torneo actual (Copa de Campións Europea de Rugby)
O 10 de abril de 2014, logo de dous anos de duras negociacións, unha organización nova denominada European Professional Club Rugby anunciou que os tres grupos anteriores firmaran un acordo para a formación da European Rugby Champions Cup, a European Rugby Challenge Cup e un novo Torneo de Clasificación. No mesmo día, BT e Sky firmaron outro acordo, este para dividirse a cobertura da nova competición europea. Os dous emitirían os partidos da fase de grupos á metade, así como os cuartos de final e as semifinais. A final retransmitiríana as dúas canles de televisión á vez. BT tería o dereito preferente para elixir os partidos da Copa de Campións, mentres que Sky tería esa preferencia para os partidos da Challenge Cup.
Palmarés
Finais
Finais da Heineken Cup / Champions Cup
|
|
Tempada
|
CAMPIÓN
|
Resultado
|
FINALISTA
|
Final
|
2020/21 |
Stade Toulousain |
22 - 17 |
Stade Rochelais |
Twickenham Stadium, Londres
|
2019/20 |
Exeter Chiefs |
31 - 27 |
Racing 92 |
Ashton Gate Stadium, Bristol
|
2018/19 |
Saracens FC |
20 - 10 |
Leinster Rugby |
St James' Park, Newcastle
|
2017/18 |
Leinster Rugby |
15 - 12 |
Racing 92 |
San Mamés, Bilbao
|
2016/17 |
Saracens FC |
28 - 17 |
ASM Clermont |
Murrayfield Stadium, Edimburgo
|
2015/16 |
Saracens FC |
21 - 9 |
Racing 92 |
Parc Olympique Lyonnais, Lion
|
2014/15 |
RC Toulon |
24 - 18 |
ASM Clermont |
Twickenham Stadium, Londres
|
2013/14 |
RC Toulon |
23 - 6 |
Saracens FC |
Millennium Stadium, Cardiff
|
2012/13 |
RC Toulon |
16 - 15 |
ASM Clermont |
Aviva Stadium, Dublín
|
2011/12 |
Leinster Rugby |
42 - 14 |
Ulster Rugby |
Twickenham Stadium, Londres
|
2010/11 |
Leinster Rugby |
33 - 22 |
Northampton Saints |
Millennium Stadium, Cardiff
|
2009/10 |
Stade Toulousain |
21 - 19 |
Biarritz Olympique |
Stade de France, Saint Denis
|
2008/09 |
Leinster Rugby |
19 - 16 |
Leicester Tigers |
Murrayfield Stadium, Edimburgo
|
2007/08 |
Munster Rugby |
16 - 13 |
Stade Toulousain |
Millennium Stadium, Cardiff
|
2006/07 |
London Wasps |
22 - 16 |
Leicester Tigers |
Twickenham Stadium, Londres
|
2005/06 |
Munster Rugby |
23 - 19 |
Biarritz Olympique |
Millennium Stadium, Cardiff
|
2004/05 |
Stade Toulousain |
18 - 12 |
Stade Français |
Murrayfield Stadium, Edimburgo
|
2003/04 |
London Wasps |
27 - 20 |
Stade Toulousain |
Twickenham Stadium, Londres
|
2002/03 |
Stade Toulousain |
22 - 17 |
USAP Perpignan |
Lansdowne Road, Dublín
|
2001/02 |
Leicester Tigers |
15 - 9 |
Munster Rugby |
Millennium Stadium, Cardiff
|
2000/01 |
Leicester Tigers |
34 - 30 |
Stade Français |
Parc des Princes, París
|
1999/00 |
Northampton Saints |
9 - 8 |
Munster Rugby |
Twickenham Stadium, Londres
|
1998/99 |
Ulster Rugby |
21 - 6 |
US Colomiers |
Lansdowne Road, Dublín
|
1997/98 |
Bath Rugby |
19 - 18 |
CA Brive-Corrèze |
Parc Lescure, Bordeos
|
1996/97 |
CA Brive-Corrèze |
28 - 9 |
Leicester Tigers |
Arms Park, Cardiff
|
1995/96 |
Stade Toulousain |
21 - 18 |
Cardiff RFC |
Arms Park, Cardiff
|
Títulos
Equipo
|
Campión
|
Finalista
|
Anos campión
|
Anos finalista
|
Stade Toulousain |
5 |
2 |
95/96, 02/03, 04/05, 09/10, 20/21 |
03/04, 07/08
|
Leinster Rugby |
4 |
1 |
08/09, 10/11, 11/12, 17/18 |
18/19
|
Saracens FC |
3 |
1 |
15/16, 16/17, 18/19 |
13/14
|
RC Toulon |
3 |
0 |
12/13, 13/14, 14/15 |
|
Leicester Tigers |
2 |
3 |
00/01, 01/02 |
96/97, 06/07, 08/09
|
Munster Rugby |
2 |
2 |
05/06, 07/08 |
99/00, 01/02
|
Wasps RFC |
2 |
0 |
03/04, 06/07 |
|
Ulster Rugby |
1 |
1 |
98/99 |
11/12
|
Northampton Saints |
1 |
1 |
99/00 |
10/11
|
CA Brive |
1 |
1 |
96/97 |
97/98
|
Bath Rugby |
1 |
0 |
97/98 |
|
Exeter Chiefs |
1 |
0 |
19/20 |
|
ASM Clermont |
0 |
3 |
|
12/13, 14/15, 16/17
|
Racing 92 |
0 |
3 |
|
15/16, 17/18, 19/20
|
Stade Français |
0 |
2 |
|
00/01, 04/05
|
Biarritz Olympique |
0 |
2 |
|
05/06, 09/10
|
USAP Perpignan |
0 |
1 |
|
02/03
|
US Colomiers |
0 |
1 |
|
98/99
|
Cardiff RFC |
0 |
1 |
|
95/96
|
Stade Rochelais |
0 |
1 |
|
20/21
|
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos