Unha lambetada[1] ou lambonada[2] é un alimento doce que se toma máis por gusto ca para alimentarse. Caracterízase por ter azucres ou adozantes como ingredientes principais. Ao contrario que os pasteis ou as tortas, que se adoitan compartir con outras persoas como sobremesa despois dunha comida, as lambonadas cómense de xeito casual como petisco e moitas veces coas mans.
En galego tamén se coñece como larpeirada,[3]lamberetada,[4]lambeta,[5]lambiscada,[6]peperetada[7] ou peperete.[8]
Tipoloxía
As lambetadas poden clasificarse en cristalinas e non cristalinas. As non cristalinas son homoxéneas e poden ser gomosas ou duras. Nelas inclúense os caramelos, toffees e nougats, entre outros. As cristalinas teñen pequenos cristais na súa estrutura que se derreten na boca ou que son facilmente mastigábeis.[9]
Lambetadas de azucre
Comparación de lambetadas de azucre
Kompeitō é unha lambonada tradicional do Xapón. Componse case dun 100% de azucre.