L'Alfàs del Pi é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Alacant. Está situado na costa mediterránea, na comarca da Marina Baixa, e limita con Altea, Benidorm e La Nucia.
O núcleo urbano atópase no interior, a uns 3 km da costa e moi preto da Serra Gelada. Con todo, o concello ten 4 km de costa, nos que destaca a praia de l'Albir.
Ten unha poboación de 21.969 habitantes (INE 2013), dos que aproximadamente o 56 % son de nacionalidade estranxeira.[Cómpre referencia]