Kristin Scott Thomas
Dame Kristin Ann Scott Thomas,[1] nada en Redruth o 24 de maio de 1960 é unha actriz británica.[2] Cinco veces candidata ao premio BAFTA e cinco veces ao Laurence Olivier Award, gañou ambos nunca ocasión. Foi tamén candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria por O paciente inglés (1996).
Scott Thomas debutou en Under the Cherry Moon (1986), dirixido por Prince,[3] e gañou o Evening Standard Film Award á mellor promesa por A Handful of Dust (1988). Traballou no cinema de Francia, incluíndo The Valet (2006), Ne le dis à personne (2007), Leaving (2009), Love Crime (2010) e Elle s'appelait Sarah (2010), e gañou o premio do Cinema Europeo por Il y a longtemps que je t'aime (2008).
Traxectoria
Infancia e inicios
Scott Thomas naceu en Redruth, Cornualla. A súa nai, Deborah (nada Hurlbatt), criouse en Hong Kong é África, e estudou arte dramática antes de casar co pai de Kristin,[4] Lieutenant Commander Simon Scott Thomas, piloto na Royal Navy que faleceu nun accidente aéreo cando a súa filla tiña cinco anos.[5][6] Kristin é a irmá máis vella da tamén actriz Serena Scott Thomas, sobriña de Admiral Sir Richard Thomas (antigo Black Rod, oficial de cerimonias da Casa dos Lores,[7] e sobriña bisneta do capitán Scott, que perdeu a carreira para chegar ao polo Sur.[8]
Scott Thomas foi educada como católica.[9][10] A súa casa de infancia estaba en Trent, Dorset, Inglaterra. A súa nai volveu casar con outro piloto da Royal Navy, Tte Cdr Simon Idiens, que tamén faleceu nun accidente aéreo na costa norte de Cornualla, seis anos despois do pasamento do pai. Scott Thomas estudou en Cheltenham Ladies' College e St Antony's Leweston en Sherborne, Dorset, ambas as dúas escolas independentes. Cando rematou a escola, mudouse a Hampstead, Londres, e traballou nunha tenda. Entón comezou a estudar para ser profesora de arte dramática en Central School of Speech and Drama. Despois de que lle dixesen que nunca sería unha boa actriz, deixouno aos dezanova anos para traballar como au pair en París.[11] Falando francés, estudou interpretación en École nationale supérieure des arts et techniques du théâtre na mesma cidade e tras graduarse aos 25 anos foi contratada por Prince como Mary Sharon, herdeira francesa, no filme de 1986 Under the Cherry Moon.
Career
O papel que a descubriu foi A Handful of Dust, baseado na obra de Evelyn Waugh. Seguírono os filmes con Hugh Grant Bitter Moon e Catro vodas e un funeral polo que gañou o BAFTA á mellor actriz secundaria.
En 1994 protagonizou o filme francorromanés O vară de neuitat, no que interpretaba a Marie-Thérèse Von Debretsy. En lugar de aprender romanés leu as liñas foneticamente,[12] que non obstante tiña traducidas en francés para saber que dicía.[13][14]
1996 viu a estrea do seu papel máis célebre, Katharine Clifton en O paciente inglés, polo que recibiu candidaturas ao Oscar e ao Globo de Ouro. Seguino un breve período en Hollywood con filmes como The Horse Whisperer con Robert Redford e Random Hearts con Harrison Ford. Porén, viuse decepcionada con Hollywood e abandonouno por un tempo polo nacemento do seu terceiro fillo.
Volveu ao escenario en 2001 coa produción francesa Berenice, de Jean Racine, e á pantalla con Lady Sylvia McCordle na aclamada Gosford Park, de Robert Altman. Comezou así unha segunda e recoñecida carreira no teatro, na que recibiu catro candidaturas aos premios Laurence Olivier á mellor actriz, gañando pola súa interpretación de Arkadina en The Seagull, de Anton Chekhov.[15] Repetiu o papel en Nova York en setembro de 2008.[16] No verán de 2011, Scott Thomas volveu ao West End para interpretar a Emma en Betrayal, de Harold Pinter no Comedy Theatre, dirixida por Ian Rickson e coprotagonizada por Ben Miles e Douglas Henshall. En xaneiro de 2013, protagonizou outra obra de Pinter, Old Times, de novo dirixida por Ian Rickson. En 2014, apareceu no The Old Vic protagonizando Electra, de Sófocles.
Scott Thomas tamén interveu en filmes franceses. En 2006 intrepretou a Hélène en Ne le dis à personne, do director Guillaume Canet. En 2008, recibiu boas críticas e premios pola súa interpretación en Il y a longtemps que je t'aime. En Elle s'appelait Sarah (2010), interpretou a Vel' d'Hiv Roundup, xornalista estadounidense que vivía en París e que descobre que o piso que o seu home está renovando foi o fogar dunha familia xudía que foi desafiuzada.
Outros traballos foron Elizabeth Boleyn, nai de Ana Bolena, segunda esposa de Henrique VIII en The Other Boleyn Girl, unha creadora e editora de moda en Confessions of a Shopaholic, a adaptación da novela The Woman in the Fifth, de Douglas Kennedy, e o filme de 2012 Bel Ami, baseado na novela de 1885 de Maupassant.[17] The Invisible Woman de Ralph Fiennes, Before the Winter Chill de Philippe Claudel, Only God Forgives de Nicolas Winding Refn, My Old Lady de Israel Horovitz e Suite Française, dirixido por Saul Dibb.
En maio de 2017, informouse que Scott Thomas asinara para interpretar a herdeira de BMW Susanne Klatten no suspense Paramour, dirixido por Alexandra-Therese Keining.[18]
En 2003 foi declarada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) e Dame Commander of the Order of the British Empire (DBE) en 2015.[19][20] Foi nomeada cabaleiro da Lexión de Honra francesa en 2005.[21][22]
Vida privada
Scott Thomas está divorciada do xinecólogo francés François Olivennes, co que ten tres fillos: Hannah (nada en 1988), Joseph (1991) e George (2000). Vive en Francia dende os dezanove anos, criando os seus fillos en París,[23] e en ocasións considérase máis francesa que británica.[24][25][26]
Filmografía
Ano
|
Título
|
Personaxe
|
Notas
|
1984
|
Mistral's Daughter
|
Nancy
|
Miniserie
|
1985
|
Charly
|
|
Curtametraxe
|
1986
|
Under the Cherry Moon
|
Mary Sharon
|
Candidata ao Golden Raspberry Award á peor actriz secundaria e á peor nova estrela
|
1987
|
Djamal et Juliette
|
|
|
1987
|
Agent trouble
|
Julie
|
|
1988
|
Lounge Chair
|
Marie
|
|
1988
|
Handful of Dust, AA Handful of Dust
|
Brenda Last
|
Evening Standard British Film Award á mellor promesa
|
1988
|
Tenth Man, TheThe Tenth Man
|
Thérèse
|
|
1989
|
Bille en tête
|
Clara
|
Tamén estreada como Headstrong
|
1989
|
Force majeure
|
Katia
|
|
1990
|
bal du gouverneur, LeLe bal du gouverneur
|
Marie Forestier
|
|
1990
|
Spymaker: The Secret Life of Ian Fleming
|
Leda St Gabriel
|
|
1991
|
Aux yeux du monde
|
Institutrice !L'institutrice
|
|
1991
|
Valentino! I Love You
|
|
Curtametraxe
|
1991
|
Mio caro dottor Gräsler
|
Sabine
|
|
1992
|
Bitter Moon
|
Fiona
|
|
1993
|
Body & Soul
|
Anna - Sister Gabriel
|
Miniserie
|
1994
|
O vară de neuitat
|
Marie-Thérèse von Debretsy
|
|
1994
|
Catro vodas e un funeral
|
Fiona
|
BAFTA Award for Best Actress á mellor actriz secundaria Evening Standard British Film Award á mellor actriz
|
1994
|
Le Confessionnal
|
Axudante de Alfred Hitchcock
|
|
1995
|
Plaisir d'offrir
|
|
Curtametraxe
|
1995
|
En mai, fais ce qu'il te plaît
|
Martine
|
|
1995
|
Les Milles
|
Mary-Jane Cooper
|
|
1995
|
Richard III
|
Lady Anne
|
|
1995
|
Anxos e insectos
|
Matty Crompton
|
Evening Standard British Film Award á mellor actriz
|
1996
|
Microcosmos
|
Narradora
|
|
1996
|
Gulliver's Travels
|
Immortal Gatekeeper
|
Miniserie
|
1996
|
O paciente inglés
|
Katharine Clifton
|
National Board of Review Award á mellor actriz secundaria Candidata ao Oscar, BAFTA, Globo de Ouro, Satellite Award, Screen Actors Guild Award á mellor actriz Candidata ao Screen Actors Guild Award ao mellor elenco
|
1996
|
Mission: Impossible
|
Sarah Davies
|
|
1996
|
Somebody to Love
|
|
|
1996
|
Pompatus of Love, TheThe Pompatus of Love
|
Caroline
|
|
1997
|
Amour et confusions
|
Sarah
|
|
1998
|
Souvenir
|
Ann
|
|
1998
|
Sweet Revenge
|
Imogen Staxton-Billing
|
|
1998
|
Horse Whisperer, TheThe Horse Whisperer
|
Annie MacLean
|
|
1999
|
Random Hearts
|
Kay Chandler
|
|
2000
|
Up at the Villa
|
Mary Panton
|
|
2000
|
Play
|
First Woman
|
Curtametraxe
|
2001
|
Life as a House
|
Robin Monroe
|
|
2001
|
Gosford Park
|
Sylvia McCordle
|
Broadcast Film Critics Association Award, Florida Film Critics Circle Award, Online Film Critics Society Award, Satellite Awards, Screen Actors Guild Award ao mellor elenco Candidata ao Phoenix Film Critics Society Award ao mellor elenco
|
2003
|
Small Cuts
|
Béatrice
|
Petites coupures
|
2004
|
Arsène Lupin
|
Joséphine, comtesse de Cagliostro
|
|
2005
|
Man to Man
|
Elena van den Ende
|
|
2005
|
Chromophobia
|
Iona Aylesbury
|
|
2005
|
Keeping Mum
|
Gloria Goodfellow
|
Candidata ao London Film Critics' Circle á mellor actriz
|
2006
|
Valet, TheThe Valet
|
Christine Levasseur
|
|
2007
|
Mauvaise pente
|
Yolande Moreau
|
|
2007
|
Ne le dis à personne
|
Hélène Perkins
|
|
2007
|
Walker, TheThe Walker
|
Lynn Lockner
|
|
2007
|
Golden Compass, TheThe Golden Compass
|
Stelmaria
|
|
2008
|
Il y a longtemps que je t'aime
|
Juliette
|
Premio do Cinema Europeo e London Film Critics' Circle á mellor actriz Candidata ao BAFTA, ao César, ao Globo de Ouro, ao Irish Film and Television Award e ao Satellite Award á mellor actriz
|
2008
|
Other Boleyn Girl, TheThe Other Boleyn Girl
|
Elizabeth Boleyn
|
|
2008
|
Seuls two
|
L'antiquaire
|
|
2008
|
Easy Virtue
|
Mrs. Whittaker
|
Candidata ao British Independent Film Awards e ao London Film Critics' Circle á mellor actriz secundaria
|
2008
|
Largo Winch
|
Ann Fergusson
|
|
2009
|
Confessions of a Shopaholic
|
Alette Naylor
|
|
2009
|
Leaving
|
Suzanne
|
Candidata ao César e ao Globes de Cristal Award á mellor actriz
|
2010
|
Nowhere Boy
|
Mimi Smith
|
Candidata ao BAFTA, ao British Independent Film Awards, ao London Film Critics' Circle, ao Satellite Award e ao Phoenix Film Critics Society Award á mellor actriz secundaria
|
2010
|
In Your Hands
|
Anna Cooper
|
|
2010
|
Love Crime
|
Christine
|
|
2010
|
Elle s'appelait Sarah
|
Julia Jarmond
|
Lumières Award á mellor actriz Globes de Cristal Award for Best Actress Candidata aó César á mellor actriz
|
2011
|
The Woman in the Fifth
|
Margit Kadar
|
|
2011
|
Salmon Fishing in the Yemen
|
Patricia Maxwell
|
|
2012
|
Bel Ami
|
Virginie Walters
|
|
2012
|
In the House
|
Jeanne Germain
|
|
2012
|
Looking for Hortense
|
Iva Delusi
|
|
2013
|
Only God Forgives
|
Crystal
|
|
2013
|
The Invisible Woman
|
Catherine Ternan
|
|
2013
|
Before the Winter Chill
|
Lucie
|
|
2014
|
Suite française
|
Madame Angellier
|
|
2014
|
My Old Lady
|
Chloé Girard
|
|
2015
|
The Kitchen Boy
|
Alexandra Romanov
|
|
2017
|
The Party
|
Janet
|
|
2017
|
Darkest Hour
|
Clementine Churchill
|
Candidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria
|
2018
|
Tomb Raider
|
Ana Miller
|
|
Teatro
- La Lune déclinante sur 4 ou 5 personnes qui dansent (1983, Festival de Semur en Auxois)
- Terre étrangère (1984, Théâtre Nanterre-Amandiers)
- Naïves Hirondelles (1984, Festival d'Avignon)
- Yes, peut-être (1985, nun campo de Borgoña)
- Bérénice (2001, Festival de Perpignan and Festival d'Avignon + national tour)
- Three Sisters (2003, Playhouse Theatre, Londres) ... Masha
- As You Desire Me (2005–06, Playhouse Theatre, Londres) ... Elma
- The Seagull (2007, Royal Court Theatre, Londres) ... Arkadina
- The Seagull (2008, Walter Kerr Theatre, Nova York) ... Arkadina[27]
- Harold Pinter's Betrayal (2011, Comedy Theatre, Londres) ... Emma[28]
- Harold Pinter's Old Times (2013, Harold Pinter Theatre Londres) ... Kate/Anna[29]
- Sófocles' Electra (2014, The Old Vic, Londres) ... Electra[30]
- Peter Morgan's The Audience (2015, Apollo Theatre, London) ... Isabel II do Reino Unido[31]
Honores
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ryan Gilbey, "The three stages of Kristin", interview, The Guardian, 27 de xullo de 2007
- Mark Anstead, "Kristin Scott Thomas: The Ice Maiden thaws", interview, Daily Mail, 8 de xuño de 2007
- Louise France, "I'm 47. Unlike most actresses I don't lie about my age" Interview, The Guardian, 3 de febreiro de 2008
- Betrayal, "Comedy Theatre Review", The Telegraph, 17 de xuño de 2011
- Betrayal - Review, "Comedy Theatre London", The Guardian, 17 de xuño de 2011
- First Night: Betrayal, "Comedy Theatre London" Arquivado 03 de agosto de 2018 en Wayback Machine., The Independent', 17 de xuño de 2011
|
|