Kirby's Adventure (coñecido no Xapón como Hoshi no Kābī: Yume no Izumi no Monogatari (星のカービィ 夢の泉の物語?, Kirby of the Stars: The Story of the Fountain of Dreams)) é un videoxogo de 1993 desenvolvido por HAL Laboratory e distribuído por Nintendo para Nintendo Entertainment System (NES). É o segundo título da serie Kirby, logo de Kirby's Dream Land (1992) para Game Boy, e o primeiro en incluír a habilidade de copar, a cal permite ó personaxe principal adquirir novos poderes comendo certos inimigos. O xogo céntrase en Kirby viaxando ao longo de Dream Land para reparar "Star Rod" logo de que King Dedede a rompese.
Véxase tamén
Ligazóns externas