Kenneth Lauren Burns, nado en Brooklyn o 29 de xullo de 1953[1] é un cineasta estadounidense coñecido polo seu estilo que consiste en empregar material de arquivo e fotografías en filmes documentais.
Os documentais de Burns recibiron dúas candidaturas aos premios Oscar e gañaron varios premios Emmy, entre outros galardóns.[2]
Estilo
Burns incorpora con frecuencia nas súas obras leitmotifs musicais ou melodías simples. Por exemplo, The Civil War inclúe unha melodía de violín, "Ashokan Farewell", interpretada para o filme polo seu compositor, Jay Ungar. Un crítico indicou: "Unha das máis rememorables cousas sobre The Civil War foi a súa persistente e repetida melodía ao violín, con notas finas e anhelosas que parecían resumir todo o pathos desta gran loita".[3]
Burns tamén dá vida a fotografías fixas empregando zooms lentos sobre as partes do seu interese e facendo panorámicas dun asunto a outro. Por exemplo, nunha fotografía dun equipo de béisbol, pode moverse paseniño polas faces dos xogadores para acabar no xogador que é o tema do narrador. Esta técnica, posible en moitas programas informáticos denomínase "efecto Ken Burns" nas aplicacións iPhoto, iMovie e Final Cut Pro X de Apple. Nunha entrevista de 2009 afirmou que ao principio declinara ter o seu nome asociado co software polo seu rexeitamento ao seu uso comercial. Porén, Steve Jobs negociou cederlle equipos de Apple, que Burns doou a organizacións benéficas.[4]
Ken Burns declarou a súa admiración e como o influíu o cineasta Errol Morris.[5]
Filmografía
- Produtor executivo
- Curtametraxes
- William Segal (1992)
- Vezelay (1996)
- In the Marketplace (2000)
Notas
- ↑ "Ken Burns Biography (1953–)". Filmreference.com. Consultado o 19 de agosto de 2011.
- ↑ "About the filmmakers". PBS.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2017. Consultado o 12 de xullo de 2017.
- ↑ Kamiya, Gary (n.d.). "Shame and Glory: The West holds a mirror before the double face of a nation". Salon.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009. Consultado o 26 de decembro de 2012.
- ↑ Allen, Austin. "Big Think Interview with Ken Burns". Big Think. Consultado o 23 de abril de 2014.
- ↑ Bragg, Meredith; Gillespie, Nick (3 de outubro de 2011). "Ken Burns on PBS Funding, Being a 'Yellow-Dog Democrat,' & Missing Walter Cronkite". Reason. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Acreditado com 'Kenneth Lauren Burns'.
- ↑ "Prohibition". PBS.org. 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Ken Burns Seeking Dustbowl Stories". OETA. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2011. Consultado o 19 de agosto de 2011.
- ↑ 9,0 9,1 "Introduction". FlorentineFilms.com. n.d. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ The World Premiere of Yosemite: A Gathering of Spirit Arquivado 23 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Yosemite Conservancy Consultado 31 de outubro de 2013.
- ↑ Moore, Frazier (10 de setembro de 2014). "PBS' 'The Roosevelts' portrays an epic threesome". AP News. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2014. Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ Cladwell, Evita (14 de maio de 2014). "Filmmaker Ken Burns discusses upcoming projects, Wash U commencement speech, more". St. Louis Public Radio. Consultado o 26 de agosto de 2015.
- ↑ "Defying the Nazis: The Sharps' War; A new film directed by Ken Burns and Artemis Joukowsky". Consultado o 16 de setembro de 2016.
- ↑ "Vietnam". Ken Burns media. 26 de agosto de 2015.
- ↑ Genzlinger, Neil (27 de marzo de 2015). "Review: In ‘Cancer: The Emperor of All Maladies,’ Battling an Opportunistic Killer". New York Times. Consultado o 31 de marzo de 2015.
Véxase tamén
Ligazóns externas