Kathrin Romany "Kate" Beckinsale, nada o 26 de xullo de 1973 en Finsbury Park, Londres, é unha actriz inglesa. Despois dalgúns papeis menores en series de televisión, debutou no cine no filme Much Ado About Nothing (1993) mentres era estudante Universidade de Oxford. Logo apareceu en Prince of Jutland (1994), Cold Comfort Farm (1995), Emma (1996) e The Golden Bowl (2000), ademais de colaborar en producións de teatro e radio. Comezou a traballar na industria do cine estadounidense a finais dos anos 90, gañando popularidade co seu papel protagonista no filme Pearl Harbor e pola comedia romántica Serendipity. Tamén conseguiu o éxito na saga de filmes de Underworld e en The Aviator (2004).
Filmografía
Véxase tamén
Ligazóns externas