Naceu no seo dunha familia ilustrada, fillo do historiador Carl Peter Lepsius (1775-1853) e da súa dona Friederike (1778-1819), filla do compositor Carl Ludwig Traugott Glaeser. Estudou entre 1823 e 1829 na prestixiosa Landesschule do antigo mosteiro de Pforta, e a continuación en Leipzig, Gotinga e mais en Berlínfiloloxía e lingüística comparada. En 1833 defendeu o doutoramento coa tese De tabulis Eugubinis. Visitou París por un curto período e alí ao acudir a conferencias de Jean Antoine Letronne soubo dos esforzos de Jean-François Champollion por traducir a pedra de Rosetta e descifrar a lingua exipcia.
Estada en Italia
Residiu logo en Italia, onde en 1836 era secretario do Instituto Arqueolóxico en Roma. En 1837 publicou o opúsculo Lettre à M. Rosellini sur l’alphabet hiéroglyphiques, onde analiza o traballo de Champollion sobre o desciframento dos xeroglíficos exipcios comparándoo cos traballos doutros autores, e aínda recoñecendo que Champollion cometera erros, afirmaba que trouxera orde no sistema de escritura e establecera a metodoloxía para o seu estudo, eliminando de xeito definitivo calquera crítica adversa ao seu sistema[3]. Estudou as linguas umbra e osca. Froito dese labor foi o libro Inscriptiones Umbricae et Oscae (1841). Dende o ano seguinte exerceu como profesor asociado na Universidade Friedrich-Wilhelms de Berlín.
Expedición prusiana a Exipto
O rei Frederico Guillerme IV encargoulle a dirección da expedición prusiana a Exipto (1842-1845). O seu obxecivo era obter moldes de xeso de importantes esculturas e, de ser posible, levar obxectos artísticos orixinais, incluíndo papiros a Berlín.[4] Lepsius seleccionou os participanes na expedición coidadosamente seguindo o modelo da expedición que encabezara anos antes Napoleón[5], visitou Menfis, o val do Nilo ata Luxor, as cidades do reino meroítico, na actual Sudán, un pouco ao norte de Khartún e chegou ao Sudán central. No camiño de volta, volveu ao val do Nilo, desviándose cara ao mar Vermello e ao mosteiro de Santa Catarina do Sinaí. No outono de 1845 chegou a Siria e rematando en Constantinopla. Grazas a un acordo co gobernante exipcio , Muhammad Alí, Lepsius puidera levar pezas orixinais para Prusia.
Os resultados da expedición publicáronse na monumental Denkmäler aus Ägypten und Äthiopien publicada en 12 volumes entre 1849 e 1859 con case 900 láminas de inscricións exipcias antigas, así como comentarios e descricións. Eses planos, mapas e debuxos de templos e tumbas foron a fonte principal de información para os eruditos occidentais ata ben entrado o século XX, e aínda son útiles por canto permanecen como o único rexistro de monumentos destruídos ou deteriorados, para realizalos contou na expedición coa axuda de artistas recoñecidos pola súa precisión e naturalismo pero tamén polo seu gusto polo paisaxismo romántico e o exotismo[6]. En total, Lepsius e os seus homes descubriron 67 pirámides, e mais 130 tumbas[5]. Postumamente Ludwig Borchardt, Kurth Sethe, Heinrich Schaefer e Walter Wreszinski publicaron entre 1897 e 1913 cinco volumes de texto baseado nas súas notas e diarios.
Últimos anos
Dende 1846 foi profesor titular de exiptoloxía en Berlín e en 1850 accedeu como membro de pleno dereito á Academia Prusiana de Ciencias. En 1853 entrou na Academia Americana das Artes e Ciencias. Desenvolveu o alfabeto Lepsius, baseado no alfabeto latino pensado para transcribir as linguas do mundo, en especial as africanas, publicouno en 1855, cunha nova edición revisada e en inglés en 1863, con detalles de 117 linguas. Foi dende 1855 con Giuseppe Passalacqua codirector do Museo Exipcio de Berlín, e logo da morte de Passalacquas o seu único director.
Na primavera de 1866 realizou unha segunda viaxe a Exipto, en particular realizou estudos xeográficos no delta do Nilo. Nesta viaxe atopou nas ruínas de Tanis, o coñecido como decreto de Canopo, unha inscrición bilingüe exipcio-grega en tres grafías xeroglífica, demótica e grega, en honra de Tolomeo III, a súa descuberta foi transcendental para a exiptoloxía ao traducir o texto xeroglífico co método de Champillon e comprobar que coincidía totalmente co grego, elevándoo de hipótese a certeza[7]. Foi presidente do Instituto Arqueolóxico de Roma dende 1867 ata 1880. Por mor da apertura da canle de Suez volveu en outono de 1869 a Exipto. En 1873 converteuse en bibliotecario xefe da Biblioteca Real, en Berlín, posto que mantivo ata a súa morte. En 1880 publicou Nubische Grammatik mit einer Einleitung über die Völker und Sprachen Afrika, que contén un esquema de pobos africanos e a clasificación das linguas africanas, amais da gramática nubia. Foi editor da revista Zeitschrift für ägyptische Sprache und Altertumskunde, publicación científica fundamental no campo da exiptoloxía.
Tamén traballou na elaboración dos mapas de Unter– und Ober–Ägypten da editorial Baedeker.[8]
Obra
Zwei sprachvergleichende Abhandlungen. 1. Über die Anordnung und Verwandtschaft des Semitischen, Indischen, Äthiopischen, Alt-Persischen und Alt-Ägyptischen Alphabets. 2. Über den Ursprung und die Verwandtschaft der Zahlwörter in der Indogermanischen, Semitischen und der Koptischen Sprache. Berlin 1836.
Das Totenbuch der Ägypter nach dem hieroglyphischen Papyrus in Turin. Wigand, Leipzig 1842.
Das allgemeine linguistische Alphabet. Grundsätze der Übertragung fremder Schriftsysteme und bisher noch ungeschriebener Sprachen in europäische Buchstaben. Hertz, Berlin 1855 .
Standard alphabet for reducing unwritten languages and foreign graphic systems to a uniform orthography in European letters. Seeleys, Londres 1855; 2. Auflage: Williams & Norgate, Londres 1863.
Denkmaeler aus Aegypten und Aethiopien: nach den Zeichnungen der von seiner Majestät dem Koenige von Preussen Friedrich Wilhelm IV nach diesen Ländern gesendeten und in den Jahren 1842–1845 ausgeführten wissenschaftlichen Expedition, Abth. 1–6 in 12 Bd. Nicolaische Buchhandlung, Berlin, 1849–1859. Edition des Belles Lettres, Geneve 1972–1973.
Denkmäler aus Aegypten und Aethiopien. Text Bd. 1–3, hrsg. von Eduard Naville und Ludwig Borchardt, bearbeitet von Kurt Sethe. Leipzig 1897–1904. Nachdruck: Verlagsgruppe Zeller, Osnabrück 1970
Denkmäler aus Aegypten und Aethiopien. Text Band 4, hrsg. von Eduard Naville, bearbeitet von Kurt Sethe. Leipzig 1901. Nachdruck: Verlagsgruppe Zeller, Osnabrück 1970.
Denkmäler aus Aegypten und Aethiopien. Text Bd. 5, hrsg. von Eduard Naville, bearbeitet von Walter Wreszinski (Bearb.), Leipzig 1913. Nachdruck: Verlagsgruppe Zeller, Osnabrück 1970.
Über den ersten Aegyptischen Götterkreis und seine geschichtlich-mythologische Entstehung. Akademie der Wissenschaften, Berlin 1851.
Über einige Ergebnisse der ägyptischen Denkmäler für die Kenntniß der Ptolemäergeschichte. Akademie der Wissenschaften, Berlin 1852.
Das allgemeine linguistische Alphabet. Grundsätze der Übertragung fremder Schriftsysteme und bisher noch ungeschriebener Sprachen in europäische Buchstaben. Verlag von Wilhelm Hertz, Berlin 1855
con W. Bell: The XXII egyptian royal dynasty with some remarks on XXVI and others dynasties of the New kingdom. Trübner, Londres 1858.
Über die arabischen Sprachlaute und deren Umschrift nebst einigen Erläuterungen über den harten „i“ vocal in den tatarischen, slavischen und der rumänischen Sprache. Akademie der Wissenschaften, Berlin 1861.
Über chinesische und tibetische Lautverhältnisse und über die Umschrift jener Sprachen. Akademie der Wissenschaften, Berlin 1861.
Das bilingue Dekret von Kanopus.
Das Gutachten von 1884 über die Reorganisation der Kgl. Bibliothek Berlin. Edition und Kommentar. In: Monika Estermann, Ernst Fischer, Ute Schneider (Hrsg.): Buchkulturen. Beiträge zur Geschichte der Literaturvermittlung. Festschrift für Reinhard Wittmann. Harrassowitz, Wiesbaden 2005, ISBN 978-3-447-05260-3, S. 547–563.
↑Lehner, Mark (2001)The Complete Pyramids. Thames & Hudson, p. 54
↑Budge, E. A. Wallis (1920) An Egyptian Hieroglyphic Dictionary. vol I. John Murray, p. XIV
↑Borries, Friedrich von e Fischer, Jens-Uwe (2013) Die Berliner Weltverbesserungsmaschine. Eine Geschichte des fortwährenden Scheiterns". Merve, Berlin, p. 128
↑ 5,05,1Peck, William H. (2001). "Lepsius, Karl Richard". In Redford, Donald B. The Oxford Encyclopedia of Ancient Egypt, Volume 2. Oxford University Press. pp. 289–290
↑Török, László (1997) The Kingdom of Kush. Handbook of the Napatan-Meroitic Civilization BRILL:Leiden-New York-Köln, p. 11
↑Richard Parkinson (1999) Cracking Codes: The Rosetta Stone and Decipherment University of California Press, p. 42
↑Hinrichsen, Alex W. (1991) Baedeker’s Reisehandbücher 1832–1990 Hinrichsen, Bevern 1991, p. 38
Vídeos das conferencias do profesores Jan Assmann e Dietrich Wildung sobre Lepsius. Berlin-Brandenburgische Akademie der Wissenschaften, 2011 (en alemán)