Julia Donaldson

Modelo:BiografíaJulia Donaldson

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Bristol (pt) Traducir
The Camden School for Girls (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Glasgow Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, autora, dramaturga, escritora de literatura infantil Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
FillosAlastair F. Donaldson Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteIedereen Leest (en) Traducir
ProDetLit (en) Traducir >>>:Дональдсон Джулия, Editar o valor en Wikidata
Sitio webjuliadonaldson.co.uk Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1933857 Allocine: 505085 Allmovie: p694436
BNE: XX1515870 Bitraga: 4218 Musicbrainz: 55f792dd-fc08-4d98-833a-dcfede158f4d Discogs: 601876 Editar o valor en Wikidata

Julia Donaldson [1] MBE , nada en Hampstead, Londres, o 16 de setembro de 1948 é unha autora inglesa de libros infantís coñecida polo personaxe do Gruffalo (en galego Grúfalo).[2] Foi recoñecida co Premio Infantil 2011–2013 [3] e coa Orde do Imperio Británico. [4]

Traxectoria

Donaldson estudou literatura e francés na Universidade de Bristol entre 1967 e 1970, e traballou como profesora, xornalista e outros oficios, antes de vivir profesionalmente da escritura de libros.

Comezou a crear cancións para programas de televisión infantil, e neste contexto coñeceu ao ilustrador Axel Scheffler (na imaxe) que quería ilustrar a canción "A Squash and a Squeeze": en 1993 publicou o seu primeiro libro conxunto. Desde entón escribiron moitos, The Gruffalo (1999) converteuse nun éxito de vendas e foi traducido a moitos idiomas (máis de 30), entre eles o galego: O Grúfalo.[5] O libro recibiu numerosos premios (entre eles o Smarties Prize, o Blue Peter Award ou o Experian Big Three Award ). Tamén se converteu nunha película de animación por ordenador, de produción anglo-alemá, en 2009, que foi estreada no CGAI.[6]

A The Gruffalo seguiron moitos libros, algúns derivados desta obra, como The Gruffalo's child, (tamén convertida en filme animado en 2011). Moitos dos libros de Donaldson están escritos en verso.

A autora levou a cabo varias accións para fomentar a lectura entre os máis pequenos, especialmente animando a representar libros e cantar. E tamén creou obras de teatro para nenos; tamén recolleu un libro de poemas para ser interpretado (Poems to perform).[7]

Algúns dos seus libros foron adaptados a unha versión cinematográfica, como The Gruffal, unha curtametraxe de 2009 baseada no libro homónimo de 1999, The Snail and the Whale, unha curtametraxe de 2019 baseada no libro homónimo de 2003.

Julia Donaldson recibiu dous doutoramentos honoris causa: pola Universidade de Bristol (2011) e pola Universidade de Glasgow (2012).

Publicacións

Julia Donalson con Axel Scheffler en Berlín en 2011

Os libros máis coñecidos de Donaldson inclúen:

Notas

  1. De solteira Julia Shields. Donaldson é o apelido do seu marido Malcom Donaldson, co que casou en 1972.
  2. ""O GRÚFALO" - (conto en galego)". Consultado o 2023-02-23. 
  3. "Julia Donaldson" Arquivado 22 de maio de 2017 en Wayback Machine.. Children's Laureate (childrenslaureate.org.uk). Booktrust. (en anglès)
  4. BBC News
  5. "O Grúfalo". Patasdepeixe. Consultado o 2023-02-23. 
  6. programacion.cgai (2018-12-28). "O Grúfalo". CGAI. Consultado o 2023-02-23. 
  7. "Poems to Perform by Julia Donaldson". www.panmacmillan.com (en inglés). Consultado o 2023-02-23. 

Véxase tamén

Ligazóns externas