Joël Dicker

Modelo:BiografíaJoël Dicker

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Xenebra - dereito (2005–2010)
Cours Florent - teatro, Actuación (2003–2005)
College Madame de Staël (en) Traducir (1989–2003) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, novelista, poeta avogado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2005 Editar o valor en Wikidata -
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesJacques Dicker, avó paterno Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webjoeldicker.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5350434 Instagram: joeldicker BNE: XX5318832 Musicbrainz: 7fbe71b3-aa2b-4e3f-81bf-5659855af2d3 Discogs: 3344912 Editar o valor en Wikidata

Joël Dicker, nado en Xenebra o 16 de xuño de 1985, é un escritor suízo en lingua francesa.

Traxectoria

Fillo dunha libreira xenebrina e dun profesor de francés, Joël Dicker estudou en Xenebra, entre outros sitios no colexio Madame de Staël e marchou algúns anos para facer o Cours Florent en París antes de volver a Suíza para estudar Dereito na Universidade de Xenebra, de onde saíu diplomado en 2010.

Aos 10 anos, creou La Gazette des animaux, unha revista sobre a natureza que dirixiu durante sete anos e que lle reportou o Premio Cunéo para a protección da natureza e ser nomeado o «redactor xefe máis novo de Suíza» por La Tribune de Genève.

Joël Dicker escribiu despois os seus primeiros textos. Un primeiro relato curto de trenta páxinas, "Le Tigre", foi destacado en 2005 no marco do Premio internacional de autores novos destinado aos de 15 a 20 anos en Lausanne, e publicado na selección dos premiados nas Edicións de l’Hèbe. En 2010, recibiu o Premio dos escritores xenebrinos pola súa primeira novela Les Derniers Jours de nos pères.

Joël Dicker publicou a súa segunda novela, La Vérité sur l'affaire Harry Quebert en setembro de 2012, e obtivo o Gran premio de novela da Academia francesa 2012. Formou parte da selección final para o Premio Goncourt 2012. Recibiu o Premio Goncourt dos estudantes en 2012.

Obra