José Canalejas Casas, nado en Barcelona en decembro de 1827 e finado en Madrid en novembro de 1902, foi un enxeñeiro, publicista e político español.
Traxectoria
Cursou estudos de enxeñería industrial en Liexa. Veu a Ferrol en 1854 para facerse cargo da Escola de Maquinistas da Armada,[2] e dirixiu o periódico El Eco Ferrolano.[3] Traballou na Compañía de los Caminos de Hierro de Ciudad Real a Badajoz. Substituíu en 1876 como deputado polo distrito de Arévalo a Telesforo Gómez Rodríguez, elixido nas eleccións de 1876 da Restauración que renunciou por ser o cargo incompatible co de rexistrador da propiedade na localidade abulense.[5][6] En 1881 foi novamente elixido deputado polo distrito leridano de Les Borges Blanques, substituíndo a Manuel Vivanco Menchaca, elixido nas eleccións de 1879, que renunciou ao cargo en xaneiro de 1881.[7][8] Foi senador pola provincia de Ávila en 1891.[9] Foi membro do consello de administración da Sociedad Minero Metalúrgica de Peñarroya (SMMP).
Vida persoal
Casou con María del Amparo Méndez Romero e foi pai de José Canalejas, presidente do Consello de Ministros durante o reinado de Afonso XIII, e de Luis Canalejas, político e enxeñeiro.
Obras
- Anuario de los progresos de la industria y la agricultura (1861)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía