Luis Canalejas Méndez, nado en Madrid o 8 de marzo de 1862 e finado na mesma cidade o 26 de outubro de 1910, foi un enxeñeiro e político español. Era fillo do filósofo José Canalejas Casas e irmán do político e presidente de goberno José Canalejas Méndez.
Traxectoria
Carreira profesional
Era Enxeñeiro de camiños, canles e portos (1889). En 1891, foi o enxeñeiro responsable da construción da liña de ferrocarril de Peñarroya a Fuente del Arco, onde o seu pai e o irmán formaban parte da dirección da compañía.[1] A partir de 1903, foi presidente da Sociedad Madrileña para el Alumbrado de Gas.[2] Tiña unha libraría na rúa Sevilla de Madrid e administraba os bens da familia.
Carreira política
Foi membro do Partido Liberal, e nas eleccións xerais de 1896, foi elixido deputado polo distrito de Puerto Príncipe (Cuba).[3] A seguir, nas eleccións de 1898, 1901, 1903 e 1905 tamén saíu elixido pero por Vilademuls (Xirona).[4] En 1905, foi nomeado senador vitalicio.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Varela Ortega, José (dir.), ed. (2001). El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923). Colección: Historia (en castelán). Madrid: Marcial Pons / Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. ISBN 9788425911521.
- Ballestero, Alfonso (2017). El gas natural en España (en castelán). Madrid: LID Editorial Empresarial, S.L. ISBN 9788416894611.
- López Morell, Miguel Angel (2005). La Casa Rothschild en España: (1812-1941). Colección: Historia (en castelán). Madrid: Editorial Marcial Pons.