Joseph Gyau
Joseph-Claude Agyeman Gyau, máis coñecido como Joe Gyau, nado o 16 de setembro de 1992 en Tampa, Florida, é un futbolista estadounidense que xoga como volante ofensivo ou dianteiro para o MSV Duisburg da 2. Bundesliga de Alemaña. TraxectoriaTSG 1899 HoffenheimGyau é un produto da Academia de Fútbol IMG dos Estados Unidos, xogando alí entre 2007 e 2009. En 2009 fichou para o club alemán TSG 1899 Hoffenheim e debutou na tempada 2010-11 xogando para o equipo de reservas. Gyau debutou co primeiro equipo o 8 de febreiro de 2012, entrando como substituto na segunda metade en substitución do seu compatriota Fabian Johnson na derrota do Hoffenheim 1-0 contra o Greuther Fürth polos cuartos de final da DFB-Pokal.[1] O 13 de abril de 2012, Gyau asinou un contrato por tres anos co Hoffenheim.[2] FC St. PauliO 30 de agosto de 2012 o FC St. Pauli da segunda división de Alemaña fichou a Gyau a préstamo polo resto da tempada.[3] Realizou o seu debut co club o 25 de setembro de 2012, entrando o segundo tempo na derrota 0-1 ante o VfR Aalen pola 2. Bundesliga.[4] Foi titular por primeira vez o 31 de outubro de 2012, xogando os 90 minutos do partido pola DFB-Pokal ante o VfB Stuttgart.[5] Regreso ao HoffenheimGyau regresou ao Hoffenheim en 2013, pero non volveu xogar para o primeiro equipo até abril de 2014, cando fixo o seu debut na 1. Bundesliga o 26 dese mes, ingresando no segundo tempo do partido no que o seu club empatou 0-0 contra o Eintracht Frankfurt.[6] Borussia Dortmund IIO 30 de xuño de 2014 confirmouse o seu traspaso ao Borussia Dortmund da 1. Bundesliga alemá, equipo co que inicialmente traballou co combinado sub-23 que xoga na 3. Bundesliga.[7] Gyau fixo o seu debut con este último o 9 de agosto de 2014 anotando dous goles na vitoria 5-1 sobre o Jahn Regensberg na 3. Bundesliga.[8] Gyau foi incluído no persoal do Borussia Dortmund nun partido pola1. Bundesliga o 13 de setembro de 2014, pero finalmente non chegou a debutar co primeiro equipo. No entanto, debutou co club na Bundesliga o 24 de setembro, ingresando no últimos quince minutos do encontro no que o Dortmund empataría 2-2 fronte ao Stuttgart.[9] Clubs
Selección nacionalSeleccións inferioresGyau foi un membro regular dos equipos inferiores dos Estados Unidos. Entre as súas aparicións coa selección estadounidense sub-17 e sub-20 acumula máis de 30 partidos e 6 goles. Gyau foi chamado para os campamentos de adestramento de finais do ano 2011 da selección sub-23 con miras ao torneo Preolímpico de CONCACAF de 2012, e debutou con esta selección o 29 de febreiro no amigable co seleccionado sub-23 de México. Estados Unidos terminaría gañando o partido 2-0.[10] O 12 de marzo de 2012, Gyau foi chamado novamente á selección sub-23, como parte da lista provisional de 19 xogadores para enfrontar a eliminatoria CONCACAF para as Olimpíadas en Londres.[11] Gyau logo xogou o tres partidos xogados na fase de grupos polos Estados Unidos vindo desde a banca. Selección maiorO 12 de novembro de 2012 anunciouse que Gyau fora convocado por primeira vez á selección maior polo técnico Jürgen Klinsmann, con miras a un partido amigable fronte a Rusia en Krasnodar.[12] No entanto, Gyau non formou parte do persoal de 18 xogadores o día do partido.[13] Gyau finalmente debutaría coa selección nacional o 3 de setembro de 2014, xogando os 90 minutos na vitoria 1-0 nun partido amigable fronte á República Checa.[14] EstatísticasActualizado o 24 de setembro de 2014.
Notas
Véxase taménLigazóns externas |