John Jacob Astor, nado o 17 de xullo de 1763 e finado o 29 de marzo de 1848, foi un empresario americano de orixe alemá, comerciante, inmobiliario e investidor que principalmente fixo a súa fortuna no comercio de pel e por investir en inmobles preto ou nacidade de Nova York.
Foi o primeiro membro destacado da familia Astor e o primeiro multimillonario nos Estados Unidos.
Traxectoria
Primeiros anos
Johann Jakob Astor naceu en Walldorf, preto de Heidelberg, no antigo Palatinado. Foi o fillo máis novo de Johann Jakob Astor (7 de xullo de 1724– 18 de abril de 1816) e María Magdalena Vorfelder (1730-1766).[3] O seu pai era carniceiro, e Johann axudouno na tenda.
En 1779, á idade de 16 anos trasladouse a Londres para unirse ao seu irmán George traballando na fábrica de pianos e frautas dun tío deles, Astor & Broadwood. Durante esta época, aprendeu inglés e anglicizou o seu nome.[5]
Inmigración aos Estados Unidos
En 1783, Astor inmigrou a Nova York, xusto ao final da guerra de independencia estadounidense, alugou unha habitación a unha viúva e comezou a filtrear coa filla desta, Sara Cox Todd. Alí tivo a oportunidade de coñecer un comerciante de peles que o inspirou a unirse ao negocio. Tras traballar na tenda do seu irmán Henry durante un tempo, comezou a mercar peles aos nativos americanos, a preparalas, e revendelas en Londres ou calquera outro lugar, obtendo un gran beneficio. Abriu a súa propia tenda de peles en Nova York a finais da década de 1780, e traballou como axente do negocio musical do seu tío.
Inmobiliaria e últimos anos
Astor comezou a mercar terras en Nova York en 1799. A comezos do século XIX, comezou a ser máis sistemático, ambicioso e calculador investindo en inmobiliaria na cidade. En 1803, mercou unha granxa de 70 acres. Tamén adquiriu varias propiedades de Aaron Burr, caído en desgraza.[6]
Raramente construía na súa terra, pero alugaba a outros para o seu uso. Trala súa retirada do negocio, pasou o resto da súa vida promovendo a cultura. Apoiou o ornitólogo John James Audubon nos seus estudos, viaxou, e colaborou na campaña electoral de Henry Clay.[7]
Matrimonio e descendencia
O 19 de setembro de 1785 Astor casou con Sarah Cox Todd (1762–1842).[8] A súa muller axudaríao nos seus negocios, e levou os asuntos do seu marido cando estaba fóra da cidade.[9]
Tiveron oito fillos:
- Magdalena Astor (1788–1832), casada en primeiras nupcias con Adrian Benjamin Bentzon (1777-1827); tiveron dous fillos: Sarah Todd Bentzon (1813) e John Jacob Astor Bentzon (1818); divorciáronse en 1819. Casou de novo en 1820 co Rev. John Bristed (1778–1855), con quen tivo un fillo Charles Astor Bristed (1820–1874).
- Sarah Todd Astor (1790–1790), nada morta.
- John Jacob Astor Jr. (1791–1869), enfermizo e mentalmente inestable.
- William Backhouse Astor Sr. (1792–1875), casado en 1818 con Margaret Alida Rebecca Armstrong (1800–1872); tiveron sete fillos entre eles John Jacob Astor III (1822–1890) e William Backhouse Astor Jr. (1829–1892).
- Dorothea Astor (1795–1874).
- Henry Astor II (1797–1799)
- Eliza Astor (1801–1838), casada en 1825 con Vincent von Rumpff (1789–1867), sen descendencia.
Notas
- ↑ "Maria Vorfelder". MyTrees.com.
- ↑ Herbert C. Ebeling: Johann Jakob Astor - Ein Lebensbild. pp. 63-69.
- ↑ Burrows, Edwin G.; Wallace, Mike (1998). Gotham A History of New York City to 1898. Oxford University Press. p. 337. ISBN 978-0-19-511634-2
- ↑ Madsen, John Jacob Astor (2001)
- ↑ Herbert C. Ebeling. Johann Jakob Astor - Ein Lebensbild, p. 141.
- ↑ Emmerich, Alexander (1 January 2016). "John Jacob Astor". Immigrant Entrepreneurship: German-American Business Biographies (en English). German Historical Institute. Consultado o 7 July 2016.
Véxase tamén
Bibliografía