Johann Christoph tiña unha reputación como compositor que só foi igualada por Johann Sebastian entre a familia Bach durante a súa vida. A partir de 1665 compaxinou o cargo de organista na Georgenkirche co de cembalista da orquestra de cámara da corte de Eisenach. Seu irmán, Johann Michael Bach (sogro de Johann Sebastian Bach e pai de Maria Barbara), foi tamén compositor. Estivo en contacto con Johann Ambrosius Bach, e deulle clasese ao seu fillo Johann Sebastian. Algunhas das súas obras foron posteriormente atribuídas a Johann Sebastian, mais recentemente foron recoñecidas como obras escritas por Johann Christoph. Catro dos seus fillos foron tamén músicos:
Foi un compositor de gran capacidade, mais a pesar do seu éxito como músico, Johann Christoph atravesou dificultades financeiras, que puideron ter dado lugar á súa non selección como titor de Johann Sebastian cando morreron os seus pais. Posiblemente non recibiu a apreciación que merecía polo seu carácter difícil e testalán co Consello de Eisenach. Johann Christoph tiña moitas débedas cando morreu en Eisenach.
Obra
Johann Ambrosius Bach tiña as obras de Johann Christoph en grande estima, a quen consideraba "o compositor máis grande e expresivo da familia". Unha das composicións máis famosas de Johann Christoph é a cantataMeine Freundin, du bist schön, baseada no Cantar dos Cantares, mais poucas obras súas sobreviviron, a maioría no Altbachisches Archiv: