Jean Paul Getty |
|
Nacemento | 15 de decembro de 1892 Minneapolis (Estados Unidos de América)
|
---|
Morte | 6 de xuño de 1976 (83 anos) Guildford (Reino Unido)
|
---|
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
---|
Lugar de sepultura | Pacific Palisades |
---|
Educación | Magdalen College John H. Francis Polytechnic High School (en) Universidade do Sur de California Universidade de California, Berkeley Harvard-Westlake School (en) |
---|
|
Ocupación | coleccionista de arte, industrial, emprendedor, autobiógrafo, mecenas |
---|
Período de actividade | 1907 - 1976 |
---|
|
Familia | Getty family (en) |
---|
Cónxuxe | Theodora Getty Gaston (1939–1958), divorcio Ann Rork Light (1932–1936), divorcio Adolphine Helmle (1928–1932), divorcio Allene Ashby (1925–) Jeannette Dumont (1923–1926), divorcio |
---|
Parella | Ursula d'Abo |
---|
Fillos | George Franklin Getty II () Jeannette Dumont Jean Ronald Getty () Adolphine Helmle Paul Getty () Ann Rork Light Gordon Getty () Ann Rork Light Timothy Getty () Theodora Getty Gaston |
---|
Pais | George Getty e Sarah Catherine McPherson Risher |
---|
Irmáns | Gertrude Lois Getty |
---|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Jean Paul Getty, nado en Minneapolis (Minnesota) o 15 de decembro de 1892 e finado en Londres o 6 de xuño de 1976, foi un empresario estadounidense, fundador da compañía Getty Oil.
Traxectoria
Getty naceu nunha familia petroleira e foi unha das primeiras persoas do mundo cunha fortuna superior aos mil millóns de dólares. Ávido coleccionista de arte e de antigüidades, a súa colección e a súa mansión de Malibú foron a base do museo J. Paul Getty en California.
Estudou na Universidade de California do Sur e na de Berkeley antes de graduarse en 1914 polo Magdalen College, Oxford en economía e ciencias políticas. Traballou durante os veráns nos campos petroleiros do seu pai en Oklahoma. Conseguiu o seu primeiro millón de dólares en 1916 coa súa primeira compañía petroleira en Tulsa. O ano seguinte anunciou a súa retirada aos Ánxeles para converterse nun playboy. Aínda que máis tarde volvese aos negocios, Getty perdera o respecto do seu pai. Pouco antes de que George Franklin Getty falecese en 1930, pensaba que Jean Paul levaría a empresa familiar á ruína, e así llo comunicou.
Mudouse a Inglaterra na década de 1950 e viviu e traballou ata a súa morte en Sutton Place, unha mansión do século XVII preto de Guildford (Surrey), onde faleceu en 1976.[1] Foi enterrado en Pacific Palisades, Os Ánxeles, na Getty Villa. A súa tumba non está aberta ao público.[2]
Secuestro de John Paul Getty III
En 1973, o seu neto, John Paul Getty III, foi secuestrado. Getty rexeitou pagar o rescate ata que recibiu a orella dereita do neno. Getty defende o seu rexeitamento inicial a pagar o rescate con dúas razóns. Primeiro, argumenta que tiña outros catorce netos, e someterse ás peticións dos secuestradores poríaos en risco ante réplicas do secuestro. A segunda é que acceder a estas demandas garante a continuidade e incremento do terrorismo.[3] Ao final o seu neto foi liberado.
Familia
Getty casou en cinco ocasións:
En 2013, con 99 anos, a quinta esposa de Getty, Louise, agora coñecida como Teddy Getty Gaston, publicou unhas memorias indicando como Getty lle rifara por gastar cartos demasiado libremente na década de 1950 no tratamento do seu fillo Timmy, de seis anos, que quedara cego por un tumor cerebral. Timmy morreu aos doce anos, e Getty, que vivía en Inglaerra lonxe da súa esposa e do seu fillo, non asistiu ao funeral. Teddy divorciouse del ese mesmo ano.[4] Teddy Gaston morreu en abril de 2017 aos 103 anos.[5]
Un dos seus bisnetos é o actor Balthazar Getty.
Obra publicada
- Getty, J. Paul. The history of the bigger oil business of George F.S. F. and J. Paul Getty from 1903 to 1939. Os Ánxeles, 1941.
- Getty, J. Paul. Europe in the Eighteenth Century. [Santa Monica, Calif.]: impresión privada, 1949.
- Le Vane, Ethel, e J. Paul Getty. Collector's Choice: The Chronicle of an Artistic Odyssey through Europe. Londres: W.H. Allen, 1955.
- Getty, J. Paul. My Life and Fortunes. Nova York: Duell, Sloan & Pearce, 1963.
- Getty, J. Paul. The Joys of Collecting. Nova York: Hawthorn Books, 1965.
- Getty, J. Paul. How to be Rich. Chicago: Playboy Press, 1965.
- Getty, J. Paul. The Golden Age. Nova York: Trident Press, 1968.
- Getty, J. Paul. How to be a Successful Executive. Chicago: Playboy Press, 1971.
- Getty, J. Paul. As I See It: The Autobiography of J. Paul Getty. Englewood Cliffs, N.J. : Prentice-Hall, 1976. ISBN 0-13-049593-X.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Hewins, Ralph. The Richest American: J. Paul Getty. Nova York: Dutton, 1960.
- Lund, Robina. The Getty I Knew. Kansas City: Sheed Andrews and McMeel, 1977. ISBN 0-8362-6601-3.
- Miller, Russell. The House of Getty. Nova York: Henry Holt, 1985. ISBN 0-8050-0023-2.
- de Chair, Somerset Struben. Getty on Getty: a man in a billion. Londres: Cassell, 1989. ISBN 0-304-31807-8.
- Pearson, John. Painfully Rich: J. Paul Getty and His Heirs. Londres: Macmillan, 1995. ISBN 0-333-59033-3.
- Wooster, Martin Morse. Philanthropy Hall of Fame, J. Paul Getty Arquivado 20 de setembro de 2017 en Wayback Machine..
Ligazóns externas