Jean-Pierre Léaud ([ʒɑ̃pjɛʁ le.o]), nado en París o 28 de maio de 1944, é un actor francés, coñecido por interpretar a Antoine Doinel na serie de filmes de François Truffaut sobre esta personaxe, sendo unha recoñecida figura da Nouvelle Vague.
Traxectoria
Nado en París, debutou coma actor con catorce anos como Antoine Doinel, personaxe semiautobiográfico baseado na vida do director francés François Truffaut, en Les Quatre Cents Coups. Para atopar os dous adolescentes, Truffaut publicou un anuncio en France-Soir e viu varios centos de nenos e setembro e outubro de 1958. Jean Domarchi, crítico de Cahiers du cinéma, recomendara previamente o fillo do guionista Pierre Léaud e a actriz Jacqueline Pierreux.
Léaud, entón no oitavo grao dunha escola privada de Pontigny, non era un estudante ideal. O director da súa escola escribiu a Truffaut: "Sinto informalo de que Jean-Pierre é cada vez máis 'inmanexable'. Indiferenza, arrogancia, desafíos permanentes, falta de disciplina en todas as súas formas. Foi pillado dúas veces mirando imaxes pornográficas no cuarto. Está volvéndose un caso emocionalmente trastornado".[1]
Léaud protagonizou outros catros filmes de Truffaut na personaxe de Doinel nun período de vinte anos. Colaborou tamén noutros filmes fóra desta personaxe coma
A noite americana, sendo un dos actores máis relacionados coa Nouvelle Vague, xa que tamén traballou con Jean-Luc Godard en nove filmes, Jean Eustache, Jacques Rivette e Agnes Varda.
Tamén actuou en filmes doutros influentes directores coma Pier Paolo Pasolini, Jerzy Skolimowski, Bernardo Bertolucci, Aki Kaurismäki, Olivier Assayas e Tsai Ming-liang. Apareceu co seu heroe Marlon Brando en O derradeiro tango en París, aínda que nunca coincidiron na rodaxe porque as escenas de Léaud foron filmadas un sábado e Brando non traballaba sábados.[2]
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas