Jean-Claude Camille François Van Varenberg, nado o 18 de outubro de 1960 en Berchem-Sainte-Agathe, Bruxelas, é un artista marcial e actor belga máis coñecido profesionalmente como Jean-Claude Van Damme[1] famoso polos seus filmes de acción.[2] Entre os seus filmes máis exitosos figuran Bloodsport (1988), Kickboxer (1989), Universal Soldier (1992), Hard Target (1993), Timecop (1994), Sudden Death (1995), JCVD (2008) e The Expendables 2 (2012).[3]
Biografía
Van Damme obtivo a súa primeira fama gañando unha serie de campionatos europeos de karate. A súa primeira aparición na pantalla e na película de 1984 Monaco Forever. Porén, o seu primeiro papel importante e na película de 1985 No Retreat, No Surrender, na que interpretaba a Ivan Krushensk, protagonizada tamén por Kurt McKinney. Foi contratado para interpretar o monstro en Predator. Vestir un traxe moi pesado na xungla era moi duro e Van Damme estaba descontento co seu papel.[Cómpre referencia] Non esta claro como deixou a película, algúns din que marchou, outros din que foi substituído cando foi revisado o personaxe.[Cómpre referencia] Van Damme di que se despediu intencionadamente para poder facer outras películas. O papel de Van Damme en Bloodsport valeulle un nomeamento como "Peor Nova Estrela" nos Golden Raspberry Awards de 1988 nos que perdeu.[Cómpre referencia]
Van Damme fixo o seu camiño primeira liña de Hollywood nos anos 90, acotío traballando con afamados directores estranxeiros. Filmes memorables inclúen Double Impact (1991), Universal Soldier (1992), Nowhere to Run (1993), Hard Target (1993), e o seu filme máis prezado pola crítica, Timecop (1994). Na maioría dos seus filmes, interpreta a un loitador, policía ou soldado.
A finais dos anos 90, a súa carreira comezou a decaer, con todo continuou facendo películas menores, a miúdo estreadas directamente en vídeo. As súas películas recadaron ó redor de 650 millóns de dólares en todo o mundo,[Cómpre referencia] dándolle un lugar no cinema de acción con outros coma Steven Seagal e Chuck Norris.
Tivo problemas coa cocaína e tamén se lle asume un trastorno bipolar.[Cómpre referencia] Casou cinco veces incluíndo dúas veces coa súa esposa actual Gladys Portugues.
No 1998, Van Damme e o seu antigo gardacostas Chuck Zito víronse envoltos nunha loita a puñadas nun bar de striptease de Nova York chamado Scores. Ao parecer, Van Damme dixo algo negativo sobre Zito mentres estaba borracho, e Zito enfrontóuselle e empezou a golpear ao seu xefe.[Cómpre referencia] Este suceso volveuse notorio nas noticias e resultou un escándalo para o actor.
Filmografía
| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Notas
Véxase tamén