Jean-Claude Killy

Modelo:BiografíaJean-Claude Killy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Saint-Cloud, Francia Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesquiador alpino (–1968), axente de aduanas, actor, piloto de automobilismo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Deporteesquí alpino Editar o valor en Wikidata
Participou en
1968alpine skiing at the 1968 Winter Olympics – men's giant slalom (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1968alpine skiing at the 1968 Winter Olympics – men's downhill (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1968alpine skiing at the 1968 Winter Olympics – men's slalom (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1964Xogos Olímpicos de Inverno de 1964
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDanièle Gaubert (1973–1987) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0453246 Allocine: 35804 Allmovie: p38139
Olympic.org: jean-claude-killy WikiTree: Killy-6 Editar o valor en Wikidata

Jean-Claude Killy nado en Saint-Cloud o 30 de agosto de 1943 é un esquiador francés retirado que gañou tres medallas de ouro olímpicas, seis campionatos do mundo, dúas Xerais da Copa do Mundo e quince vitorias na Copa do Mundo de Esquí Alpino (cun total de 21 podios).

Traxectoria

Killy naceu en Saint-Cloud, suburbio de París durante a ocupación alemá na segunda guerra mundial, mais creceu en Val-d'Isère nos Alpes, onde foi vivir a súa familia en 1945 despois da guerra. O seu pai, Robert, era un antigo piloto de Spitfire para a Francia libre que abriu unha tenda de esquí na vila savoiana e que máis adiante dirixiu un hotel. En 1950, a súa nai Madeline abandonou a familia por outro home, deixando a Robert ao cargo de Jean-Claude, de sete anos, a súa irmá máis vella (France) e o seu irmán máis novo (Mic). Jean-Claude foi enviado a un internado a Chambéry, 130 km abaixo do val, mais el non soportaba estar calado na clase.[1]

Killy volveu a súa atención ao esquí máis que na escola. O seu pai permitiulle deixar os estudos aos quince anos e entrou no equipo nacional francés júnior o anos seguinte. Como corredor, Killy era rápido, mais non adoitaba completar as súas carreiras, e os primeiros anos da década de 1960 non foi un éxito completo para el.[1]

En decembro de 1961, con dezaoito anos, Killy gañou a súa primeira carreira internacional, un slálom xigante. O evento tivo lugar na súa vila de Val-d'Isere. Killy comezou no posto 39, posición que debería supor unha gran desvantaxe.[1]

Killy gañou a tripla coroa do esquí alpino con tres medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1968 en Grenoble nas modalidades de slálom, slálom xigante e descenso. Anteriormente, Killy fora o gañador da Copa do Mundo de esquí alpino nos anos 1967 e 1968.

Tamén protagonizou o filme de 1972 Snow Job en que tiña un papel de profesor de esquí. As estacións de esquí de Val d'Isère e Tignes foron renomeadas como l'Espace Killy na súa honra.

Dende 1977 ata 1994 foi membro do comité executivo de esquí alpino da Federación Internacional de Esquí.

Jean-Claude Killy tivo tamén unha curta carreira como piloto de carreiras entre 1967 e 1970 participando no Rally París-Dakar. Killy serviu como presidente da sociedade do Tour de Francia entre 1992 e 2001, e tamén foi copresidente dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 en Albertville. Dende 1995 é membro do Comité Olímpico Internacional.

No ano 2000 foille outorgada a Lexión de Honra, a condecoración máis importante de Francia.

Vida persoal

Entre 1973 e 1987, estivo casado coa actriz francesa Danielle Gaubert, ata a morte dela a causa do cancro. Xuntos tiveron unha filla, Emilie, e ademais adoptou os dous fillos que tiña do primeiro matrimonio dela con Rhadamés Trujillo, fillo do asasinado ditador dominicano Rafael Trujillo. Gaubert e Trujillo divorciáranse en 1968 e ese mesmo ano coñeceu a Killy.

Killy era coñecido por ser amigo do presidente de Rusia, Vladimir Putin.[1][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Johnson, William Oscar (12 de febreiro de 1990). "Killy: A Man and his Kingdom". Sports Illustrated: 206–218. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2012. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  2. Hodgetts, Rob (17 de decembro de 2015). "Vladimir Putin: Russian 'poorly treated,' says ski great Jean-Claude Killy". CNN. Consultado o 26 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas