Francisco Javier García de la Camacha Gutiérrez-Ambrossi, nado en Madrid o 24 de xuño de 1984, máis coñecido como Javier Ambrossi, é un director, guionista, produtor, actor e presentador español.
Traxectoria
É fillo de Javier García de la Camacha e Sofía Gutiérrez-Ambrossi, e irmán da actriz Macarena García. Estudou Xornalismo na Universidad Complutense de Madrid e Dramaturxia na Real Escuela Superior de Arte Dramático (RESAD).
A súa experiencia como actor en televición comezou na publicidade. Posteriormente deu o salto a series como El comisario, Génesis: En la mente del asesino, Hermanos y detectives ou Amar en tiempos revueltos. Os seus papeis máis coñecidos son Gustavo na serie Sin tetas no hay paraíso e Cristiano na serie Ciega a citas de Cuatro. Tamén traballou en Cuéntame cómo pasó, Maitena: Estados alterados, La fuga e Arrayán.
No cine actuou en Sexykiller, morirás por ella e coma personaxe principal en El triunfo, unha película de Mireia Ros sobre a Barcelona dos 80, seleccionada polo Festival de Málaga e a Berlinale. E no teatro, en El enemigo de la clase de Nigel Williams, dirixido por Marta Angelat ou en Beaumarchais de Sacha Guitry dirixido por Josep Maria Flotats.
Xunto ao seu marido, o también actor e director Javier Calvo, escribiu e dirixiu montaxes teatrais como o exitoso musical La llamada, polo que gañou o Broadway World a Mellor Director Artístico. Tamén crearon a serie Paquita Salas, gañadora de tres Premios Feroz e do Premio Ondas, e dirixiron a adaptación cinematográfica do seu musical, La Llamada con gran éxito de crítica e público.
Vida privada
Dende o 2010 mantén unha relación sentimental co actor e director Javier Calvo.[1]
Filmografía como director
Cine
Año
|
Título
|
Notas
|
2017
|
La llamada
|
Director, productor e guionista
|
Televisión
Filmografía coma actor
Televisión
Como colaborador/presentador
Teatro
Como autor e director
- Windsor. Como autor e director (2012)
- Miss Fogones Universal. Como autor e director (2013)
- La llamada. Como autor e director xunto a Javier Calvo (2013-2023)
Como actor
Premios
- Premios Goya
- Premios Feroz
- Medallas del Círculo de Escritores Cinematográficos
- Premios Fotogramas de Plata
Premios Forqué
Año |
Categoría |
Película |
Resultado
|
2024
|
Mellor serie de ficción
|
La Mesías
|
Gañador
|
Premios Ondas
Notas