Jan Evangelista Purkyně (1856) |
|
Nacemento | 17 de decembro de 1787 Libochovice, República Checa (pt) |
---|
Morte | 28 de xullo de 1869 (81 anos) Praga, República Checa |
---|
Lugar de sepultura | Cemitério Vyšehrad (pt) |
---|
|
Member of the Bohemian Diet (en) |
---|
|
|
|
Educación | Universidade Carolina de Praga |
---|
|
Campo de traballo | Fisioloxía |
---|
Lugar de traballo | Strážnice (pt) Praga |
---|
Ocupación | médico, tradutor, filósofo, escritor, naturalista, político, poeta, profesor universitario, neurólogo, biólogo, fisiólogo, anatomista, botánico |
---|
Empregador | Universidade de Breslau Universidade Carolina de Praga |
---|
Membro de | |
---|
Alumnos | Ludwig Traube e Karel Chodounský (en) |
---|
|
Abreviación dun autor en botánica | Purkinje |
---|
|
Cónxuxe | Julia Rudolphi (1827–1835), morte do cónxuxe |
---|
Fillos | Rozálie Purkyňová, Johana Purkyňová, Emanuel von Purkyně, Karel Purkyně |
---|
Parentes | Jiří Purkyně |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Пуркине Ян Эвангелиста) Enciclopedia soviética armenia |
---|
|
Jan Evangelista Purkyně ―tamén escrito Johannes Evangelista Purkinje― nado o 17/18 de decembro de 1787[1] e finado en Praga o 28 de xullo de 1869, foi un anatomista, fisiólogo, e botánico checo, principalmente coñecido na área da bioloxía.[2][3]
Biografía
Purkyně naceu na pequena cidade de Libochovice, no imperio austríaco, 64 km ao noroeste de Praga (Bohemia). En 1819 graduouse cun título en Medicina na Universidade de Praga, onde exerceu logo como profesor de Fisioloxía tras terminar a súa tese doutoral.[4] En 1823 foi nomeado profesor de Fisioloxía e Patoloxía na Universidade de Breslavia.[4] Traballando nesa universidade, descubriu o efecto Purkinje, polo cal cando a intensidade da luz diminúe, os obxectos vermellos parecen perder intensidade máis rápido que os obxectos azuis co mesmo brillo.
Publicou dous volumes: Observacións e experimentos investigando a fisioloxía dos sentidos e Novo informe subxectivo sobre a visión, contribuíndo grandemente á neuroloxía.
En 1839 creou o primeiro Departamento de Fisioloxía na Universidade de Breslau (en Prusia), e en 1842 o primeiro laboratorio oficial de Fisioloxía.
En 1825 describiu un efecto visual polo cal a medida que se reduce a enerxía lumínica, e as células visuais cambian de visión fotópica a escotópica, modifícase a brillantez relativa de distintas cores; fenómeno que hoxe se coñece como desviación de Purkinje.[5]
É máis coñecido polo seu descubrimento de 1837 das células de Purkinje, grandes neuronas con moitas ramificacións de dendritas atopadas no cerebelo.
Tamén é coñecido polo seu descubrimento das fibras de Purkinje en 1839 que, conformando un tecido fibroso, conducen os impulsos eléctricos do nódulo ou nó auriculoventricular a todas partes dos ventrículos do corazón. Outros descubrimentos inclúen as imaxes de Purkinje, reflexo de obxectos das estruturas do ollo. Tamén introduciu os termos de plasma sanguíneo e de protoplasma.
Purkyně foi o primeiro en utilizar un microtomo para realizar delgados cortes de tecidos para a observación microscópica e foi dos primeiros en utilizar unha versión mellorada do microscopio composto.
Describiu os efectos de alcanfor, opio, beladona e trementina en humanos en 1829, descubriu as glándulas sudoríparas en 1833 e publicou unha tese que recoñecía nove grupos de configuracións principais de impresións dixitais en 1823.
Purkyně tamén recoñeceu a importancia do traballo de Eadweard Muybridge e construíu a súa propia versión do estroboscopio que chamou forolyt.[6]
Morreu en 1869 e foi enterrado no Cemiterio Nacional Checo en Vyšehrad, Praga.
Obra
- Beiträge zur Kenntnis deas Sehens in subjektiver Hinsicht (1819-25)
- Beobachtungen und Versuche zur Psychologie der Sinne (1823-26)
Honras
A Universidade Masaryk en Brno, en Checoslovaquia (hoxe República Checa), levou o seu nome entre 1960 e 1990, do mesmo xeito que a academia militar médica en Hradec Kralové entre 1994 e 2004. A universidade de Ústí nad Labem leva o seu nome: "Jan Evanxelista Purkyně University in Ústí nad Labem".
Eponimia
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- «Jan Evangelista Purkyně». Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.).