Izumi (和泉市, いずみし, Izumi-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado no centro-sur da prefectura, na zona Senboku (significa norte da provincia histórica de Izumi), no centro da rexión de Kinki, e no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 84,98 km², a poboación é de 180.952 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 2.130 hab./km².