Izumiōtsu (泉大津市, いずみおおつし, Izumiōtsu-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado no centro-sur da prefectura, na zona Senboku (significa norte da provincia histórica de Izumi), no centro da rexión de Kinki, e no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 12,92 km², a poboación é de 77.564 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 6.000 hab./km².