Isabel de Villamartín i Thomas, tamén coñecida como Clemència Isaura, nada en Galicia e finada en La Garriga en 1877, foi unha escritora galega residente en Cataluña.
Traxectoria
Naceu nun lugar indeterminado de Galicia en data descoñecida. Mudouse a Cataluña, vivindo en Barcelona e Xirona. Desenvolveu principalmente a súa obra literaria en catalán e foi unha das principais compositoras de mediados do século XIX. Gañou a súa primeira Flor Natural nos Xogos Florais de 1859 co alcume de Clemència Isaura.
As súas obras incluíronse en Los trobadors nous e Los trobadors moderns, dúas antoloxías poéticas da Renaixença. Participou tamén no Calendari Català. Publicou Pembé-haré. Oriental (1856) e La desposada de Déu (1862), en catalán, e Horas crepusculares (1865) e La envidia y la caridad (1872) en castelán.
Véxase tamén
Ligazóns externas