A illa ten unha superficie de 289 km², e a súa poboación non alcanza os 2 000 habitantes, polo que a súa densidade é duns 6,9 hab./km².
Situación administrativa
Administrativamente, Iriomote pertence á cidade de Taketomi, na prefectura de Okinawa.
Infraestruturas
A súa única infraestrutura é unha estrada costeira que conecta as aldeas do norte e do leste da illa.
Non posúe pista de aterraxe, polo que a maioría dos visitantes (máis de 150 000 en 2003) chegan en transbordador desde a illa de Ishigaki, que si ten aeroporto.
Particularidades da súa fauna
A illa tee unha serpentevelenosa, a Trimeresurus elegans, coñecida localmente como habu, cuxa picadura ten unha taxa de mortalidade do 3 %, e unha taxa de incapacidade permanente do 8,6 %.[1]
↑Ross, J., Brodie, J., Cheyne, S., Hearn, A., Izawa, M., Loken, B., Lynam, A., McCarthy, J., Mukherjee, S., Phan, C., Rasphone, A. & Wilting, A. (2015): Prionailurus bengalensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 5 de decembro de 2018.