Interface de programación de aplicación
Unha API ou interface de programación de aplicacións (do inglés: application programming interface) é unha peza de código que permite que dúas aplicacións se comuniquen entre elas, para compartir información e funcionalidades. Normalmente son utilizadas en bibliotecas de programación[1]. Técnicamente, API fai referencia aos servizos que un software prové a outros módulos ou aplicacións. A interface proporciona unha transparencia en canto á implementación interna desas funcionalidades: a implementación pode trocar, afectando só ó módulo da API, pero non aos módulos que a utilizan[1]. Un exemplo práctico: API de Twitter (agora X)
CaracterísticasUnha API representa unha interface de comunicación entre compoñentes de software. Trátase dun conxunto de chamadas a bibliotecas, que ofrecen acceso a servizos desde os procesos que as chaman, e representa un método para conseguir abstracción na programación; xeralmente (aínda que non necesariamente) entre as capas inferiores e superiores do software. Un dos principais propósitos dunha API consiste en proporcionar un conxunto de funcións de uso xeral, por exemplo, para debuxar fiestras ou iconas na pantalla. Desta forma, os programadores benefícianse das vantaxes da API facendo uso da súa funcionalidade, evitándo o traballo de programar todo desde o principio. As API así mesmo son abstractas: o software que proporciona unha certa API xeralmente é chamado implementación. Por exemplo, pódese ver a tarefa de escribir "Ola Mundo" sobre a pantalla en diferentes niveis de abstracción:
Como se pode ver, a primeira opción require máis pasos, cada un dos cales é moito máis complicado que os pasos das opcións seguintes. Ademais, non resulta nada práctico usar a primeira formulación para representar unha gran cantidade de información, como un artigo enciclopédico, sobre a pantalla. O segundo enfoque simplifica a tarefa eliminando un paso e facendo o resto deles máis sinxelos. A terceira forma simplemente require escribir "Ola Mundo". Con todo, as API de alto nivel xeralmente perden flexibilidade; por exemplo, resulta moito máis difícil nun navegador web facer virar texto ao redor dun punto cun contorno intermitente que programalo a baixo nivel. Ao elixir usar unha API débese chegar a un certo equilibrio entre a súa potencia e simplicidade e a súa perda de flexibilidade. Exemplos de interfaces de programación
Notas
Véxase taménOutros artigosLigazons externas
|