Idea Vilariño Nacemento (es) Idea Vilariño Romani 18 de agosto de 1920 Montevideo (Uruguai)
Morte 28 de abril de 2009 (88 anos)Montevideo (Uruguai)
Campo de traballo Literatura do Uruguai , Uruguayan poetry (en) , teoría da literatura , crítica literaria , tradución e música Ocupación tradutora , poetisa , compositora , profesora , escritora , especialista en literatura Empregador Universidade da República Movemento Generación del 45 (en) Pai Leandro Vilariño Irmáns Poema Vilariño Numen Vilariño Descrito pola fonte Obálky knih , Latin American Women Writers: an Encyclopedia (en)
Idea Vilariño Romani , nada en Montevideo o 18 de agosto de 1920 e finada o 28 de abril de 2009 , foi unha poeta , tradutora , crítica literaria, compositora e ensaísta , encadrada dentro da chamada Xeración do 45 .
Traxectoria
Foi filla de Leandro Vilariño (1892-1944), un poeta anarquista galego cuxas obras non foron editadas en vida. Exerceu de profesora de literatura no ensino medio dende 1952 ata o golpe de estado en 1973 . Reinstaurado o sistema democrático, obtivo a Cátedra de Literatura Uruguaia na Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación da Universidade da República.
Foi unha das fundadoras das revistas Clinamen e Número . Colaborou noutras publicacións, coma Marcha , La Opinión , Brecha , Asir ou Texto crítico .
Froito dunha entrevista realizada en 1997 por Rosario Peyrou e Pablo Rocca , xorde o vídeo "Idea", estreado en maio do 1998 .
A súa obra foi traducida a varios idiomas, entre eles, o italiano , o alemán e o portugués .
Obra
Idea Vilariño no seu escritorio en 1983.
Poesía
La suplicante (1945).
Cielo Cielo (1947).
Paraíso perdido (1949).
Por aire sucio (1950).
Nocturnos (1955).
Poemas de amor (1957).
Pobre Mundo (1966).
Poesía (1970).
No (1980).
Canciones (1993).
Poesía 1945 - 1990 (1994).
Poesía completa (2002).
Ensaio
Grupos simétricos en la poesía de Antonio Machado (1951).
La rima en Herrera y Reissig (1955).
Grupos simétricos en poesía (1958).
Las letras de tango (1965).
El tango cantado (1981).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas