- Para outras persoas tamén chamadas Ian Stewart, véxase a páxina de homónimos Ian Stewart
Ian Macpherson M. Stewart, nado en Edimburgo o 15 de xullo de 1929 e finado en Crieff o 19 de marzo de 2017[1] foi un piloto de automobilismo escocés.
Traxectoria
Stewart era considerado por Jim Clark como un individuo moi nervioso que "ao volante estaba tan relaxado como calquera". A súa única aparición nun Gran Premio do Campionato do Mundo foi no Gran Premio do Reino Unido de 1953, no cal, debido a un fallo de ignición, non conseguiu terminar no seu Connaught-Lea Francis A da Ecurie Ecosse. A participación principal de Stewart foi como parte do equipo da Ecurie Ecosse correndo con coches Jaguar.[2][3]
Stewart fíxose un nome nas carreiras cun Jaguar XK120 en eventos nacionais británicos, gañando 23 carreiras en só tres tempadas, incluíndo o Jersey International e o Wakefield Trophy. Foi membro fundador da Ecurie Ecosse quen adoptou a cor que levaba no seu XK120 como cor do equipo. Tamén foi responsable do seu escudo distintivo. Durante este período, foi un dos tres pilotos da Ecurie Ecosse na carreira de debut do equipo en Charterhall, que resultou nun segundo lugar para Stewart. Foi co equipo de Merchiston que Stewart gañou a maior parte das súas carreiras. Este éxito permitiulle participar co equipo oficial da marca Jaguar en Le Mans.[4][5]
Irmán máis vello de Jackie. Ian retirouse das carreiras tras un accidente na carreira dos 1000 km da Arxentina de 1954 de automóbiles deportivos para atender os negocios agrícolas e públicos da súa familia en Perth e Kinross.[6]
Rexistro de carreiras
Mellores resultados
Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas