Hugo Rocha (escritor)

Modelo:BiografíaHugo Rocha
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor en Wikidata
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 1993 Editar o valor en Wikidata (85/86 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Hugo Rocha, nado no Porto en 1907 e finado na mesma cidad o 24 de febreiro de 1993, foi un xornalista e escritor protugués, autor de máis dunha decena de monografías de temática variada, desde novelas a libros de viaxes e ao espiritismo. Foi xornalista de O Comércio do Porto, do que foi director e ao que estivo ligado ata retirarse aos 74 anos.[1]

Traxectoria

Ingresou moi novo como xornalista na redacción de O Comércio do Porto, onde permaneceu até a súa retirada. En 1933 publicou o seu primeiro libro, de crónicas africanas, titulado Bayete e un volume de poemas titulado Rapsódia Africana. Logo no ano seguinte publicou un ensaio intitulado Espiritualismo e a novela O homem que morreu no deserto.

Ao longo das décadas seguintes publicou numerosas obras, incluíndo relatos de viaxes de carácter impresionista aos Azores, á illa de Madeira, á India Portuguesa e a Galiza. Tamén publicou algunhas novelas e varias obras sobre temas esotéricos[2] e espiritismo.

A súa obra de viaxes máis destacada é un relato dun periplo por Galiza titulado Itinerário na Galiza, obra complementada en 1961 e 1963 con dous volumes titulados Encontros da Galiza. A obra recibiu unha excelente acollida na época.[3] [4]

Colaborou no semanario Repórter X[5] (1930-1935).

Bibliografía seleccionada

Alén da vasta produción dispersa en xornais, Hugo Rocha é autor das seguintes obras:

  • Bayete : crónicas africanas do Atlântico ao Índico, Porto: O Comércio do Porto, 1933
  • Rapsódia Africana ou Rapsódia Negra, 1933
  • Espiritualismo, 1934
  • O homem que morreu no deserto, 1934
  • Além-mar : comentários, ideias e aspectos, Porto: Artes e Letras, 1935
  • Primavera nas ilhas : crónicas dos Açores e da Madeira, Angra do Heroísmo: Livraria Editora Andrade, 1936
  • O Problema dos Fantasmas. Ensaio sobre certos aspectos da fenomenologia sobrenatural, Sociedade Portuense de Investigações Psíquicas, Porto, 1937
  • Jornalistas, Porto, 1946
  • Itinerário na Galiza, Porto, 1946
  • O enigma dos «discos voadores» ou a maior interrogação do nosso tempo, Porto: Edições AOV, 1951
  • Namastê : roteiro duma viagem a Goa, Agência Geral do Ultramar, Lisboa, 1953
  • Futebol : romance, Porto : Lello & Irmão, 1957
  • Outros Mundos/Outras Humanidades, 1958
  • Encontros da Galiza, 1961 e 1963

Notas

  1. ROCHA, Hugo (1946). Jornalistas, UFP.
  2. HUGO ROCHA : aspectos da sua obra e do seu pensamento.
  3. Excertos de referências da Imprensa diária ao I volume de Encontros com a Galiza Arquivado 09 de outubro de 2021 en Wayback Machine..
  4. Francisco Leal Insua, en El Progreso, de Lugo escribiu: En estilo directo y expressive, Hugo Rocha supo penetrar en el alma de Galicia como ningún visitante extrangero lo habia hecho hasta hoy. Ahi esta nuestra amada region, palpitante y saudosa. Con la inquietude sonante de su atlantismo en el litoral; con la serenidade de sus lejanias en el interior.
  5. Correia, Rita (11 de xaneiro de 2016). "Ficha histórica: Repórter X : semanário de grandes reportagens e de critica a todos os acontecimentos sensacionais de Portugal e Estrangeiro (1930-1935)" (pdf). Hemeroteca Municipal de Lisboa. Consultado o 14 de Outubro de 2016.